Espesa auga que calma a fame
en tempos pretéritos de paz
enchida de microbios e antibióticos
rebosante de vasos e cuncas
coas que brindar polo mañá pola mañá
auga comisura que empaña a mente
vaporizada de memoria
encharcada de globulos transparentes
como a chuvia de verán
nunha noite ao borde do mar desalgado
para poder bebelo enteiramente
e así poder camiñar cara o novo continente
e descubrir por fin un mundo
onde non teñan collida nos contedores
nin distopías nin utopías
soamente asegurada por sempre
espesa auga que calma a fame
en tempos pretéritos de paz
enchida e baleirada como respiración infinita.