Gústame máis surfear aínda que sexa no buraco negro
con algunha hemorroide divina
que facer o mergullo
porque os meus pulmóns quedaron sen nicotina
e os caranguexos e alcatráns do fondo presiónanme o córtex
si é verdade que sempre quedei fascinado polos peixes abisais
pero prefiro os documentais
que os filmes de ficción sen ciencia
pementa botáballe algúns bistecs como laranxa a miña media parella
o rock and roll como industria non me satisface
os productos manufacturados sen lavar as mans primeiro poden estar contaminados
como as barbas dos hipsters cheas de bacterias semellantes a tazas de wc
toda esta nova época será denominada nos libros electrónicos futuribles
como a época hipsterciense. Unha época de contos doados e malos
como os rapaces e as rapazas desta mesma época que levan plataformas
nas súas mazmorras e piercings nos seus cordóns umbilicais
placentas e medusas introducidas en anémonas pérdense na néboa
mentras acéndense os faros dun forito rallado no salpicadeiro de cuspe de sangue
non vou dicir que é o final porque como ben dicía non sei quen
todo son fragmentos pulverizados de infra-historia sen comezo sen final
só emerxen aparecen e marchan porque teñen que marchar
poderíase facer un filme que durara toda a vida de durero ou incluso
un filme que durara o que dura a humanidade
a vida animal na terra
a vida vexetal na terra
a vida mineral na terra
a vida gasosa na terra ou o bag bin un refresco de cola mandarín!