Escribe a túa busca por palabra clave e pulsa ENTER

Homo(sexualidade)

Este tema que agora dá a risa á xente nova porque ou o van superando ou o teñen superado, e moito, aínda nas miñas épocas de infancia e xuventude (teño a idade que teño) era un tema moi moi engorroso. Por moi radical, alternativo ou de esquerdas que foras non era tema doado. Presión social grandísima, aínda, e moito despois tamén: familia, escola, sociedade en xeral. De feito penso que estaba máis fodido o tema para os da miña xeración que para xente de xeracións anteriores que viviran uns momentos de euforia e liberdade (desde o meu punto de vista falsa, deturpada, espellismo). Se a iso unes que estás nunha cidade de provincias das denominadas españas onde con catorce anos aínda estás coa xente do teu barrio indo a misa con pantalóns de pinzas aínda que “te partas” dentro da igrexa e fales de fútbol ou Bakunin dentro dela. O tema é que todos e todas éramos membros dunha igrexa… ou case todas!

 

Non me vou andar con rodeos para clarexalo xa de entrada desde o comezo aínda que levante suspicacias a quen las queira levantar. Eu síntome atraído maioritarísimamente por mulleres, de todas as idades e desde que son neno. Si é verdade que moi puntualmente algún rapaz, no seu día, ou home pode chamarme a atención mais por programación patriarcal, idade ou realmente por desexo real síntome atraído moitísimo máis por mulleres. O que pasa é que síntome atraído tamén por mulleres no sentido da compaña. Ou sexa resúltame, normalmente, moito máis grato estar entre mulleres para falar, divertirme, crear que con homes. Polo menos desde hai xa un bo tempo. Isto pode dar pé a confusións que non me interesan. Eu crieime con mulleres, cos seus defectos, coma min, pero crieime con mulleres e supoño que iso terá, polo comezo, moito que ver. Respecto e apoio o trans o queer e ser o que ún queira ser mais eu estou a gusto co meu corpo. Sempre o estiven, son outras cousas as que detesto de min. E sempre fun consciente do programados, ao mesmo tempo, que estamos os homes e como somos os privilexiados, totalmente, do patriarcado e como algúns son, e atreveríame a dicir, somos, os verdugos do patriarcado.

 

Eu son feminista, como lles dicía a unhas compañeiras recentemente, a nivel ideolóxico pero non podo considerarme feminista “no real”, e nunca lograrei selo aínda que lle poña vontade (que lle poño moito e moitas veces). Sempre serei un puto tio. E ademais cuns alicerces, debido a miña educación catolicona e reprimida, un puto tio chungo (ás veces) que tento desde hai moitos anos correxirme tamén a nivel sexual.

 

Fun castrado, tiven falta de información, tiven traumas e nos lugares onde estudei, sobre todo, no colexio, ese tema non só era tabú senón pecado mortal. Ademais déronme moita caña e como era rexentado, curiosamente, por mulleres, conformou en min unha estraña misoxinia infanto-adolescente moi tola porque eu vía a outras mulleres, sobre todo da miña familia, que non eran para nada así.

Cando máis tarde por distintos motivos saín de cuncha na que estaba metido algo que ocorreu moi tarde, tiveron que pasar moitos anos. Case tantos (ao millor esaxero) que cando eu “nazo á vida” a esa idade, hoxe por hoxe, hai moitos preadolescentes e adolescentes que xa están practicando sexo, e de todas clases de sexo, refírome.

 

Eu a primeira vez na miña vida que estou chegando a un orgasmo, cousa que nunca experimentara, nin me explicaran nin nada. Teño que inventarmo e facéndoo dunha maneira penso que distinta a como o facían xa os rapaces naquela época (repito porque ninguén me explicara nada). Pois cando estou experimentando ese pracer, estou chegando ao clímax, totalmente, asústome, reprimo e corto ese orgasmo. Imaxinade o medo, a culpa etc que estaba na cabeza daquel rapaciño duns trece/catorce anos. Asusteime tanto que pensaba que tería que ir ao hospital, que se ía enterar a miña nai, que ata podería morrer ou cousas polo estilo.

 

Despois non sei se alguén mo explicou (penso que non) mais repetín e ata agora non paro. Pero iso, non paro. Porque a maioría das veces o meu amor propio redúcese ou amplifícase a iso 😉 Ben, nos últimos anos está claro que xa non é o mesmo pero segue sendo. Ademais ao ter parella, moitos anos, esquéceste un pouco dese amor propio. Aínda que preciso dese amor propio haxa moito ou pouco amor non propio.

 

E, ben, volvendo a esas idades temperás convertínme a partires dese momento nun experimentador impresionante. Como podedes observar non me corto en contalo (será polo momento da vida polo que paso) Pero é que sempre fun así, un “bocas” de coidado e desa maneira penso que a xente (ao millor peco de egocentrista) ténme malinterpretado a moitos niveis, e co respecto ao sexual, tamén.

Eu comezo a contarlle aos meus colegas os meus experimentos e pártense. Pero eu non me podía partir dos seus (porque, normalmente, non mos contaban)

Eu era un rapaz moi inocente pero que se estaba convertindo nun “porcallán”, ao mesmo tempo, e parecíame que non ocorría nada por expresar as miñas “porcalladas” en público. Había outro que si as expresaba, tamén, pero este era moi bruto, para que me entendades, aínda que daquela non existía (ou si) Era de vox.

 

Os demais éramos punkis porque, sobre todo, os irmáns maiores dalgúns deles eran punkis. Pero punkis aos que se lles caía a baba vendo actuar á Tere de Desechables… Á quen non se lle podería caer a baba vendo actuar á Tere Desechables á que eu podería ver moitos anos despois nalgún vídeo de youtube.

Como outras moitísimas mulleres músicas cañeiras das que estou enganchado non por pose senón porque traguei moito falo e falo punk e hardcoreta.

Estivemos na pandilla case exclusivamente rapaces, sen rapazas ningunhas. Con petas, alcohol, música ruidosa e vandalismo salvaxe. É que eu chegara tarde as meteduras de man e morreos dun par de anos antes coas poucas rapazas do barrio que os meus colegas si experimentaran. Eu andaba enleado con cousas da parroquia. Viña de monaguillo por herdanza e excursións con insolacións e xogos retortos e absurdos. Como comer bolachas a todo meter ata atoarse e estar a piques de ir a urxencias. Xogos de curas.

 

Só lembro algo, digamos, positivo, un pouco antes de xuntarme con estes co gallo da parroquia nunha excursión a Porto do Son. Durmín románticamente con catorce anos, pero foi unha pasada, cunha nena preciosa e foi case como facer o amor ou foi facer o amor. O que ocorre é que á mañá seguinte como non pasara nada, e si que pasara, pois quixen algo máis digamos carnal coa súa amiga que era menos preciosa pero máis “carnal” e ao final as dúas rebotáronse bastante. Aí xa comecei a entender ou desentender de que ían os tinglados…

 

Tería outra historia romántica coa única rapaza que andaba coa pandilla que nunhas festas do barrio cortou co que levaba moitísimo, para ser desas idades, e borrachiña atrapoume e penso que sen esaxerar e sentindo un amor e un enamoramento intensísimo debimos estar perto dunha hora abrazados mentras o resto da pandilla incluído o rapaz co que cortara contemplaban a escea totalmente flipados. Non souben en ningún momento dese momentazo tan especial por onde seguir. Non fun capaz de darlle un bico, non fun capaz de movela, moverme ou activar algo que fixera que aquilo se transformara nalgo máis íntimo. Acabamos por comezar andar ela eu e os demais (ela estaba flipadísima. Non sei se polo alcohol, por min, ou polas dúas cousas). O tema era que eu tiña que mexar si ou si. Pois o que durou esa mexada cambiou vida de polo menos dúas ou tres persoas para sempre. Ao voltar, eufórico, pensando que me agardaba e continuaría, outro colega do barrio, sóuboa atender millor e nunha famosa cafetaría de enfronte da estación de tren xa a tiña amarrada. Tanto que desde aquel día está con ela, ten fillos etc (palabrita del niño jesús)

 

Outro desengano e moitos orgasmos e desexo moito desexo á par de moitas inquedanzas políticas, musicais, experimentais, intituto(s) etc.

 

Todos os meus colegas tiñan porno en casa, ben dos seus irmáns, pillaban (esas revistas). Eu nin de “puta coña” atrevíame, tal e como era a miña nai etc levar nada diso a casa entón tíñame que conformar co discoplay, el jueves, algún (raro) interviu que quedaba por aí etc

 

Entón ollando para Samantha Fox ou para Sabrina ou outras moitas pero, claro está, tamén para Prince, ía dándolle corda ademais das moitísmas fantasías con moreas de rapazas e mulleres que ían pasando pola televisión, polo instituto ou pola rúa.

 

No instituto fixen piña (en segundo) con moitas. Eran moi agradables. Aí sentín por primeira vez que non só valían para satisfacer os desexos sexuais senón que te podías partir de risa con elas bebendo uns litros no patio sendo visibles polas ventás a un montón de aulas que se estaban dando nese momento. Era primavera.

 

Había algunha que non era da piña que cando facíamos ximnasia no polideportivo aquilo era o novamáis. Era brutal. Tan tan brutal (máis que con unha en octavo de exb). Era fortísimo. Moitos meses, moito líquido en moitos sitios ata retorcidos (iso si, sen danar, eh!) E digo que non fixen nada con ela facíao cos meus ollos e facíao coas miñas mans e corpo e alma. Pero non era romántico.

 

Nesa clase de ximnasia ocorreu algo moi simpático. Unha na que eu non entendín porque fun, e en parte, sigo sendo moi inocente. A profesora, e vou ser prexuizoso, que tiña maneiras e plante de sentirse atraída por mulleres (a min caíme moi ben) fixo unha especie de experimento. O tema é que non sei, exactamente, que palabras empregou nese intre pero imaxinémonos (que non foi tan directo) que dixo “que se poñan a un lado quen lle gusten os rapaces” e foron en tropel para un lado as rapazas” “que se poñan a un lado quen lle gusten as rapazas” e foron en tropel todos os rapaces e finalmente ou polo medio ou como for dixo algo así que non foi así “que se poñan no medio ou aquí ou alá xs que lle gusten as rapazas e os rapaces” e eu non sei se é que son moi lento (en serio) ou non entendín ou non lle vin “malicia ningunha” que quedei situado como única persoa á cal “lle gustaban as rapazas e os rapaces” e todos e todas incluída a profesora comezaron a esmendrallarse coa risa. E xúrovos que eu non entendín nada.

 

As rapazas tamén eran de cuidado entrando aos vestiarios a ollar partes dos corpos. En concreto máis que un corpo unha parte dun corpo dunha cabeza dun amigo que resultou ser sempre o meu mellor amigo. Ou sexa que…

 

Esa profesora de ximnasia fixo algo por min moi importante e solidario. Quitoume o medo, os medos ao espazo e á mobilidade do meu corpo. E fóra de clases. Non era capaz de facer o morcego nin o “pino” e estivo conmigo días e horas ata que logrou que os fixera perfectamente e sen ningún medo de ningún tipo.

 

Anos atrás para facer ximnasia desde o meu colexio falanxista íamos ao pavillón municipal e un señor completamente fascista, homófobo, e todas as cousas que vos podades imaxinar non tiña piedade con quen non se lanzaba de per se a facer certos exercicios. Eu chegaba ao famoso potro e coma min moitas rapazas pero tamén rapaces e como nos daba medo realizalo éramos insultadxs e humilladxs. A berros ás veces de “maricón” e lindezas de todo tipo. Son xa maduriño pero non son un vello e estas cousas pódese dicir que por onde me movín eu na exb (colexio concertado falanxista) eran o pan noso de cada día (nunca millor dito).

 

Á miña irmá pequena e a min nosa nai nunca nos falou de sexo senón foi para poñer o berro no ceo de cousas que consideraba indecentes ou perversas. As nosas irmás xa eran moi maiores e sempre moito máis liberadas que nós. Xa estaban fóra, e o meu irmán estudaba. Andaba ao seu ou traballaba co meu pai. Ademais era meu irmán nada máis. Meu pai estaba ausente ao traballar tantas horas, todo o día fóra e despois de cear cáseque durmía ollando para a tele e así volta comezar.

 

A miña irmá pequena tivo unha pouca millor sorte cando aos sete ou oito troca do colexio no que estábamos e eu si quedei nel ata o final. Ela penso que tivo moita máis “vidilla” nese sentido ca min. Envéxoa sanamente. Igual que envexo sanamente aos colexios e institutos que foron as miñas irmás e o meu irmán, incluso a miña irmá pequena, porque eu fun a ún que estaba ben pero que ao final tendéronme a trampa para botarme de maneira eufemística “por tripitir”. A razón realmente era que eu fóra do instituto (porque no instituto non din problemas) facía cousas que non gustaban a moita xente. As miñas ideas, e ser o único nas aulas, desde primeiro, falamos do ano 1988, en facer os exames en galego e de falar o galego (en casa aínda falaba en español aínda que os meus pais falaban e falan galego entre eles) Pois… A xente confundíase e pensaba que era do bloque e eu o único que procuraba era unha rapaza á que bicar e abrazar 😉 Xa sei que todo isto está moi mal visto nos tempos que vivimos, nestes tempos de anarquías relacionais, poliamores, tantísima diversidade. Pero eu sabía antes do que moita xente soupo, e sabe, sobre todo isto do poliamor, ou millor dito algo que nunca se di claramente e que é como se debería chamar, o amor libre. O primixenio amor libre é a definición, para min, totalmente acertada. Porque nel collen todo tipo de diversidades sexuais, eróticas, relacionais, amizades, coidados etc

 

Pode coller desde un trío de persoas non binarias ou androides como dúas persoas gais que deciden ter esporádicamente relacións heterosexuis con mulleres dunha maneira pactada… ou non? Ou unha asociación libre (en troques de chamarlle parella) de dúas persoas home e muller que se aman e queren estar xuntas polo tempo que consideren. E non por iso son retrógradas ou rompen cos cánons establecidos contra o suposto amor romántico do que hai que ser tan belixerante.

 

Porque amiguiñxs como di o que alguén considerará casposo mais eu considéroo moi sabio, dentro da liberdade, dentro do amor libre (ese é o termo) atópase a liberdade de ESCOLLER as ataduras, ou non?. O problema é cando as ataduras escóllente a ti. E o compromiso é algo que nestes tempos que corren dilúese dunha maneira total. E que non exista compromiso, que non exista lealdade e se queira mostrar como o camiño difícil unha suposta “anarquía” relacional que no que queda moitas veces é en xente atomizada, consumista, adicta aos demais, incapaz de estar soa consigo mesma ou de comprometerse realmente con nada nin con niguén pois a min permitídeme que me dé un pouco a risa. Eles quérennos así.

 

E non confundamos sexualidade con amizade, con apoio mútuo, con colectividade, co común e o compromiso político. Porque moitas veces o sexo funciona como a droga. As dúas empregadas de maneira positiva son liberadoras e sás. O problema é cando son lanzadas e potenciadas como armas arroxadizas con múltiples velenos desmobilizadores. Quen non pode ver isto non pode ver nada.

 

Claro que son romántico. Como non vou ser romántico? Todos os nenos e as nenas son románticas e eles teñen a verdade!

 

Cando en primeiro de exb acompañaba a unha nena a súa casa e ela encantada (1º de exb) que vivía na miña rúa pero bastante máis abaixo estaba cometendo o pecado mortal do romanticismo e isto prodúceme un pracer inmenso lembralo e resulta das cousas máis bonitas que sinten todas e todos os e as seres humanos, humanas.

 

Por que queres castrar iso? Iso non ten que ver co patriarcado e moitas das cousas que se predican nas “novas formas de relación (ás veces virtual)” si teñen que ver co capitalismo.

 

A min encántame que os e as nenas de agora, os e as adolescentes de agora, incluso, uns anos maiores teñan múltiples relacións (quen as ten e as quere ter) homosexais, heterosexais, bisexuais o tema trans, todas, as que sexan. A renuncia ao xénero, a renuncia, por que non? Ao sexo… o que sexa. Pero todo iso é posible por unha desprogramación, un rache xeneracional con toda a caspa, costra e reseso político sexual tanto de dereitas como de esquerdas (e inclúo o máis alternativo). E para min caspa e costra tamén é o dogma posmodernista.

 

Todo iso, todo ese cambio positivo non ten nome máis que liberdade e diversidade humana. Se quero ser romántico teño o dereito. Se mañá me flipa un tio e quero e quere que fodamos (algo que nunca me pasou ata ese punto) ou quere ir de excursión para que falemos. Farémolo. Pero deixa de etiquetar. Remata cos dogmas e discursos que son complemento do cacao que nos inculcaron relixiosamente a través e polo sexo. Porque volve ser o mesmo. É a outra cara da moeda que confunde, culpabiliza, angustia, atormenta. Remata xa con iso. Semellan fakes, troleadas que non se sabe moi ben de onde veñen nin quen as inventa.

Elas e eles, os novos e novas os que fan a revolución silenciosa, tanto sexual como ecolóxica, política etc sen dicilo. Observándonos, Saben máis que nunca. Nós e ningunha xeración tivo esa sabiduría. Serán, oxalá, as que troquen o mundo e o mundo penso que troca desde a raíz e a raíz nace da sémola sexual (que non ten, para nada, que ser reproductiva mais si se quere) que toda a vida estivo e non ten que estar no poder das verdades absolutas nin dos dogmas máis castrantes.

Xa nin falemos da “amor” “sinxelamente”…

 

Non pode haber amor, non pode haber sexo senón está supeditado por mandamentos sexan da igrexa que sexa. Se complicas toda esta situación a xente agárrase ou á destrucción mais unha imensa maioría canalizada e encauzada sométese ao esclavismo do traballo que é o que move todo este puto capitalimo. O capitalismo emprega totalmente o sexo para o seu funcionamento. Excitación e represión á par. Confusión sexual. Culpas, celos, competitividade. Creación de identidade ou destrución delas de maneira completamente artificiais.

 

Existe o tabú-represión-inferno da pedofilia mais na televisión en moitos intres de calquera canle e en canles específicas existe a pedofilia ou a incitación á pedofilia. Igual que na publicidade. Dunha maneira que pode ver calqueira que queira ver.

 

Loita homosexual. Si pero despois moitos homes homesexuais están hiperpatriarcalizados, son hiperrelixiosos, dogmáticos, capitalistas, lesbófobos, mixósenos.

 

Feministas en troques de loitar pola liberación plena e total da muller o que fan e botarse os trastos á cabeza mentres os de sempre pártense de risa.

 

Feministas e certas feministas lesbianas ou bisexuais non podendo soportar e verquendo veleno porque un home síntese o que se queira sentir. Transfórmese este ou non se transforme.

 

Quen nega a maternidade? Quen nega unha muller? Unha muller é unha muller e reproduce humanidade. É obvio. Como é obvio o terrible dos ventres de aluguer. Terrible. E xa sabemos por todos os lados, por todo polo que é terrible.

Pero por que non cinco amigos ou amantes non poden adoptar un refuxiado? Ou dúas refuxiadas?

 

A min paréceme horrible, pero desde o meu punto de vista, pagar por foder. É patético para min. Unha vez fíxeno pero se serve de algo non era consciente do que estaba a facer. É terrible. A trata é brutalmente terrible. O tráfico de persoas, a escravitude. O aproveitamento desa explotación, o maltrato, o asasinato e todo tipo de humillacións… Pero se realmente baixo a consciencia plena unha muller, ou un home, con seguridade e independencia, quere empregarse niso… Pódeseme explicar, dentro deste sistema, que todos somos como dicía Ronald Laing putas e esquizofrénicos cal é o problema? Aínda que a ti non che guste e non vaias a facer emprego nunca dunha historia así?

 

Pódeseme explicar como é que hai moitísima xente impedida pero moi moi impedida e precisa amor, aloumiños e, por que non dicilo, sexo e outra que está disposta a servir para ese menester para facer que esas persoas milloren. Que xa dicía tamén Reich a necesidade tan importante para a saúde a través do orgasmo. Inclúo contacto, aloumiño, coidado. Algo ao que moitas mulleres non chegan moitas veces pola incompetencia e egoísmo das súas parellas. De feito moitas mulleres quizais morrerían na historia sen saber o que é un orgasmo.

 

Pois si a min atraéronme, sobre todo, nese sentido homosexual, dous homes, rapaces daquela. Ún foi entremedias, como digo, de moito desexo cara rapazas, ao descubrir os corpos nús de vestiarios masculinos e nas duchas. Ún chamoume a atención e logrou a miña atracción. (penso que o único semellante foi de moi moi pequeno nun album de cromos de futblistas, que me aficionaran a calzador, pois mirando nada, ningún me chamou a atención, máis alá do fútbol, as súas caras coñecidas etc. Pero nalgunha páxina cheguei a ún do cal quedei prendado e fun e espeteille un “beixo”. Despois sonrroxeime e, penso, que isto en concreto non o contei xamais agás agora que o estou escribindo, pasárao mal descubrindo esa faceta miña)

 

Como son un “bocas” esa atracción cara aquel rapaz, agora un home, e entremedias, un amigo moi divertido e cómplice de andainas de moita xente en común. Agora xa non o vexo… Pois iso, como son moi “bocas”, espeteillo a colegas (algo que naquela época e neses contextos por onde me movía era impansable)

Claro aquilo foi a repanocha! Eu dubidei toda a miña vida da miña sexualidade. (sempre fun moi inseguro). Agora téñoo bastante máis claro. Pero é que daquela o que era é un inocente, un rapaz que non tiña ningunha “educación” social polo que todo semellábame “normal” que se podía falar de todo. Que a xente falaría igual que eu “de todo” ou pensaría “semellante” e niso, se me permitides a licencia, si que era “especial” e dalgunha meneira sígoo sendo agora mesmo, por exemplo, escribindo todo isto. Non sei?

 

A primeira vez que sentín a miña sexualidade (non sei se fago temas compensatorios, e ten que ver ou non, como vou estruturando o escrito mais véuseme á cabeza isto) foi con catro anos sentado só no salón de casa vendo a tele e a familia estaba toda na cociña. Saíron daquela, na tele,, aínda en branco e negro, unhas mulleres nunha especie de “revista” televisiva e por primeira vez na miña vida, con catro anos, sentín unha erección.

Con respecto ao porno, a miña opinión, que poderei estar completamente trabucado é algo semellante á prostitución 0 explotación 0 humillación mais se as persoas conscientemente, libremente queren participar “nesa industria” non sei por que poden estar mal consideradas, dentro deste sistema, ou mal considerados. É millor a industria cárnica? É millor a industria armamentística? E da industria velada do narcotráfico porque non se fala nada desde posturas feministas?

 

O outro home que me atraeu na miña vida estivo moi emparellado cuns anos de psicanálise moi retorta e nociva á que fun sometido. Moi humillante.

Coñecía a este home facía moitos anos e nunca sentira nada. Sería moi longo de explicar pero por unha serie de motivos “tocaba” que me sentira atraído por un home e puido ser el como quizais puido ser outro. Había papeletas que emerxeron para que fora el e todas eran morbosas e negativas. Non era ese desexo homesexual máis inicático e inocente que descubrira nas duchas. Isto era como máis forzado. Por min e quizais non só por min. O que era completamente certo foi que comezou emerxer ese desexo e de maneira forte. Pero, claro, educado na relixiosidade máis castrante, os pensamentos de culpa, a psicanálise que me enredaba moito e moito a cabeza. O que puido ser sinxelamente unha atracción, quizais, eh!, quizais pasaxeira (porque sei e sabía que non ía facer nada. De feito sei que no fondo non sería capaz de facer nada cun home a eses niveis) pois convertéuse nunha obsesión que durou moito, quizais demasiado porque me facía sufrir. E non era, soamente, polo tópico tamén do custionamento da sexualidade etc, era porque no fondo, aquel home no fondo, aquel home no fondo, aquel home, era todo o contrario a alguén que quixera e soubera (home, muller, que máis dá) que me tivera que atraer. Subconscientemente eu (todo do subconscientemente) tíñalle moita rabia (non envexa) moita rabia a aquel home, ao pasar os anos, aínda que a disimulaba, e disimulei e sigo pseudodisimulando.

 

Dalgunha maneira era un castigo que me autoaflinxía sempre en paralelo ou quizais entrelazado coas sesións psicanalíticas que me enredaban e enredaban o cerebro. Aquel psicanalista mandoume espir nun par de ocasións e invitoume a masturbarme noutra. Estiven moitos anos sendo “tratado” por el e se asociamos traumas anteriores pois sumou outro máis e moi, moi forte.

 

Ademais estou convencido que a “última” crise maníaca que tiven foi, en parte, propiciada (cos seus métodos) por el. Un grande amigo de Borrell parece ser.

 

Pero falaba do que falaba que tardei moito tempo en sacarmo de enriba porque non paraba de vir a min e non era pracenteiro máis alá do orgasmo nin era san nin era verdadeiro era un enxendro que me atormentaba. Que me fixo sentir moi inseguro, cohibido, e me fixo ata apartarme en distintos momentos de colegas comúns, e desta persoa, moitas veces. Ademais coa impotencia debido á puta culpa de non ser capaz de enfrontarme a el (e non digo nin sequera a través do enfrontamento directo si quizais dun enfrontamento cara min mesmo con respecto a el) pola propia encerrona na que estaba metido.

 

O problema é que eu considerei sempre a esta persoa (esté eu errado ou non) como facilitadora de cousas nada positivas no meu entorno, nos meus amigos etc pero sempre foi unha persoa moi popular que “embelesaba” e “embelesa”. A min tamén, con certos encantos, que fai que o teñan seguido, e o sigan, e o seguíramos a todos os lados. Sempre á última en todo e dándonos a todos e a todas o que supostamente precisábamos. Eu chegou, nun momento da miña vida que transformei iso que subconscientemente non me gustaba, senón que rexeitaba, dunha maneira retorcida, nese acompañamento que me fai ese psicanalista, en algo sexual. É dicir fódoo e fódome (sempre desde min, obviamente) E iso durou moito tempo e non era amor, non era pracenteiro… non era real! Mais a min afectoume moito.

 

Agora conscientemente sei o que hai (dentro da miña verdade) e sei o que hai aínda que haxa xente que tamén o saiba, ou aínda que haxa xente que o cale, ou aínda que haxa xente que non o queira recoñecer. E dame igual, absolutamente igual “as marujas” os “censorcillos barateiros.” Eu penso o que penso e expreso o que expreso, son libre. E vivín fodidamente, moitas veces, o que vivín.

 

 

 

 

 

Houbo finalmente de maneira moi fugaz un rapaz con pinta de ianqui-surfista onde estudei que me facía sentir algo de rubor. Mais considerandóo ben a súa actitude era un tanto exhibicionista. Esquecíno cando veu unha vella coñecida á escola tamén.

 

Unha artista gustoume moito. Lembro bailar e escribir, unha meiga gustoume moito lembro bicar e escribir. Unha música púxome

moito. Lembro moita humidade.

 

E despois (xa antes) chegou unha macarriña que foi a persoa da que estiven máis anos namorado, iso si, sen ser correspondido. Tiña adoración por ela semellábame a “mulleriña” máis bonita e divertida que nunca coñecera.

 

Un pouco máis tarde, ao fin, fodín, despois de tantos anos sen facelo (eu tíñao chungo) Tiña que ir moi moi para atrás, a época na que fodía cunha moi boa persoa coa que estivera uns aniños que me portei ao final tan mal (fíxenlle algo moi feo). Despois de aturarme o que me aturou. E de coidarme o que me coidou.

(Ad infinitum)

 

A macarriña que me volvía tolo levoume xunto unha mazá que estaba moi rica.

Descubrín de maneira MAIÚSCULA o sexo e o amor. Aquí estou.

 

As siglas (son un ignorante, ein) LGTBI… habería que engadirlle un E.

O E de enfermo sexual. Que é o que sempre fun eu.

 

Só para a miña defensa dicir que me programaron como me programaron. Imposible desprograrme de golpe. Tivo e ten que ser aos poucos e morrerei algo programado seguramente. E penso que lle pasa á maioría de tios. Heterosexuais maiormente pero tamén moitos homesexuais, penso eu…

 

Programado(s) polo patriarcado. Eu ideolóxicamente feminista pero na práctica xamais serei tal cousa. Como a maioría dos homes da miña idade e posteriores e algúns anteriores. Incluso mulleres.

 

Toda esa historia de novas masculinidades non van moito conmigo porque considero que as únicas persoas que son e serán capaces de desprogramarnos ou medio desprogramarnos son as mulleres. Non lle dou practicamente nada de credibilidade a obradoiros dese tipo se son impartidos por homes que non teñan, ao menos, unha idade inferior a trinta anos e que estén realmente desprogramados.

 

Teño desexo que a xente nova desprexuizada, “normalizada” (no bo sentido san) rompan dunha vez coas etiquetas sexuais. Onde ao millor non teña nin sequera collida a palabra diversidade ¿???

Considero que o sexo, as relacións, a pel, o tacto, o contacto, superando os primeiros pudores e non adscritos a ningunha relixión nin límite e prohibición que non sexa incurrir na perversidade e o mal, son o salvamento dunha sociedade enferma que xoga con el, co sexo, para dominar, enfermar, producir, competir e enfrontarnos entre nós.

 

Só comentar, finalmente, que é inconcebible non pensar a historia da loita por todo isto a partires do movemento feminista, cada vez máis forte, e moito máis que ten que abarcar e penetrar a todos os niveis en todos os ámbitos da sociedade. (ata desestruturala 😉

 

E o mesmo ocorre co movemento LGTBI… do cal digo o mesmo pero tamén digo que ténse que facer fincapé que o xérmolo da súa loita que foi trunfando en máis de medio mundo, foi propiciado, por persoas transexuais que aínda agora son rechazadas por algunhas persoas deste mesmo movemento. Algo verdadeiramente inconcebile. Ao igual que por parte de certos sectores feministas.

 

E digo todas estas cousas porque son un atrevido ou une atrevide vaia vostede a saber 😉

 

Alfonso Rodríguez Rodríguez

Un mentirán en desmundo

2

(política)

cando todo goberno cese

cando todas as plumas de anxo caian

 

canta agora ti

esa páxina en branco

 

(chus pato, carne de Leviatán)

 

arroxei e petou no banco de pedra

depositouse sobre o chan tan cheo de flores

esas que no fondo valen para tan pouco

e sabes? un can famento dará boa merenda

desta noz da miña gorxa

xa farta de berrar.

logo lancei nun golpe de sorte o cinceiro

dado a volta e recén lavado con auga de billa

despedínme das gatas e saín correndo

pero no ascensor estaban os nenos de venus

e tiñan prioridade

ao final chegoume á vez

e baixei calmo cara o río

cara o meu destino consciente ou inconsciente

e baixo a cheminea de ladrillo laranxa

por riba dun banco e outro banco

enriba miña unha señora quería saír de alí

cría que non había saída

indiqueille

indicoume o sumidoiro

prendín un cigarro

un rapaz todo de negro viña directo cara min

cubrínme co disfraz que todos empregamos

nestes días

o lugar marxinal moi marxinal

o sumidoiro moi especial

soaba a auga

valados amarelos cortando camiños

por eses lares tan atraíntes

ultimamente para min

fotografiei a herba

non por min senón pola cámara

que ás veces ten poderes

como o meu ordeñador

e indican o que teño que facer

ou me dan alertas

e non estou valado amarelo

nin valado azul

a cámara fixo unha ráfaga

de ao menos vinte fotos

sei que a ti non che fai gracia

que che conte estas cousas

pois alí no banco sentado

e un banco riba miña

e despois do tipo de negro

apareceu un tipo

que había moitos anos

que non vía e que ti coñeces ben

na casa de atrás dos espellos

percibín a palabra imposible

e lembreime do cadro do estudo

da nosa casa

ese tipo que coñeces

vin que transportaba

unha bolsa e non de polvoróns

ía completamente traxeado

pero dunha maneira moi absurda

de branco-beige

e o incríble é que lle fixo gracia

verme e saudoume

fun á terra media a continuación

a dos mundo dos soños

e saiu o sol na miña cervexa

negra e portuguesa

cun copo de cristal galego

tamén brillaron os aperitivos

adorados e laranxas

comín con fame dous dourados

non sei se serían feitos ao forno

ao forno de adobe estupefacto

a leria dos fornos

a leira das carboneiras

os carbóns nas caldeiras

os cemiterios

as flores

e as lobotomías para flores

ao mastigalos dinme de conta

de que catro homes estaban

nunha terraza da terra media

falando seriamente

xúroche que coñecía a ún deles

de ollalo na caixa negra?

un director de cousas ou algo así?

fíxenme a un lado polo do restrictivo

e baixo unha árbore noviña

que ignorante de min non coñezo nome

fumei

os homes marcharon

o sol foi a menos

despois a máis

coma todos estes días

rematei coa negra ou preta

e pillei no estanco fidelidade

despois de terche feito estragamentos

cando marcharas arroibada

cara á capital

eu cagara

e, como digo, marcharas

despois saiu o sol outra vez

e puxen a radio outra vez

algo ocorre que non teño nin idea do que é?

Non quero!!!!

Non eu non quero ser esa persoa unida por un cordón umbilical aos supostos nutrientes cos que nos “agasalla” ese ente enredante e global, neuronal, funcional que anexiona a todas as nosas almas nun todo simulando e situándonos por riba desa montaña máxica que é a nosa cadeira ou o noso sofá, as nosas mans. A nosa cadeira de rodas ou o noso tacatá andante diante da pantalla co líquido amniótico rebordando das esquinas e comodidades.

 

Inutilizando parte do noso cerebro e estimulando bestialmente outras para un rendimento efectivo, unha produción satisfatoria que acumule ou reverta dados aos pasos de todos os ollos. Eses dados e ollos tamén nolos miramos fronte a fronte nas cadeiras dos bares aínda que non teñan rodas e/ou deixáramos o cordón umbilical na casa ou na rúa.

 

As risas por outros líquidos e sustancias amnióticas fortalecen a idea dunha suposta identidade coa que cremos fortalecernos, evadirnos ata abrir de novo os ollos secos de case non palpebrar enchufados á computación da nosa vida, da nosa música, da nosa poesía, da nosa arte, da nosa política, da nosa cultura. Compartindo con multinacionais e outras redes de espionaxe os nosos hemisferios esquerdo e dereito, as nosas glándulas salivares, o noso sexo, as nosas sombras ata que apagamos para soñar en virtual sen case padal que levarnos á boca. Sen destino vacacional que non esté tramitado e dirixido por dispositivos que en troques de mobilizarnos nos inmobilizan. Así estamos en todas partes e en ningunha ao mesmo tempo e ese mesmo tempo está sendo usurpado online e con premeditación e alevosía polos vampiros e os seus acumuladores de enerxía vital que rouban e nos devolven en forma de saturación e ruído provocado por eles e por nós neles e neles en nós. A voz humana nun mesmo raio que electrifica o eterno nadal.

 

Iso non é unificador porque desnaturalizan e compartimentan, estancan aos individuos enredados nunha madexa fluorescente que non permite o achegamento en liberdade ao outro. É a sofisticación máis absoluta da escravitude iso que chaman progreso tecnolóxico. Todas as variantes supostamente beneficiosas son somentes o canto da moeda para atraparnos neste capital luminoso e negro. Insertados nos enclaves necesarios somos sometidos a un bucle incesante de tests sobre as nosas xeografías mentais. Somos sometidos incesantamente a probas de dor e resistencia, tests de intelixencia, de emocións, probas virtuais que desenvolven o mal real ás nosas almas e corpos de verdade. Sometidos á sobreinformación máis aberrante, ao sobrecoñecemento de cousas inservibles para nós humanos vulnerables, sometidos a torturas emocionais e á competitividade máis terrible en aras de someternos os úns aos outros para o bo ver do grande ollo que axita, tamiza e selecciona todo aquilo que o pode facer máis grande e poderoso.

 

provoca todos os fluxos virtuais e reais. Deslocaliza, localiza, atrapa e vomita cara nós novamente. O traballo asalariado xa non é tan importante. O noso salario son outras cousas que adoitamos facer nosas crendo que nos benefician. pulsamos para “eles” “prememos” para “eles” “gustamos” para “eles” e seguimos vivos porque así o queren eles. Somos a materia prima, somos a fonte de enerxía de todas as enormes fontes de alimentación do sistema mundial.

 

Non podo crer en nada disto, non podo crer que se simule esta terrible lei con conexións máis ou menos místicas de enlazamentos enerxéticos e supletorios dunha que debería ser a esencia humana. E se esta esencia existe e está sendo inoculada nas máquinas absorventes da turbina maligna non teño nin idea de como rebordarnos en lava do volcán durmido e fuxir quizais desta maneira tan abrupta, explosiva cara outros firmamentos dunha galaxia nova que quera conformar novos relevos e cartografías onde a vida sexa vida e non enferma e putrefacta vida sorbida por enfermos vampiros ávidos de eternidade infernal.

A Carballeira (derradeira vez)

Rematara o soño e unha etapa que no fondo eran dúas. Os cinco anos máis intensos da miña curta vida e sobre todo o último. Estábamos ababecados e cun grao bastante grande de decadencia enriba. Reuníamonos nas ruínas do que fora a nosa casa, a casa do pobo, fumando canutos e bebendo. Podería contar tantísimas cousas pero contarei só algunhas e delas todas con sabor agri-doce senón agri total.

 

Foi aos poucos dexenerando o tema. Supoño que a moita xente deulle igual ou non o sentiu como o sentía eu pero outra moita sei que si.

 

Un episodio terrible foi a morte e desaparición dos cans pero sobre todo de O´ Kan o mastín que nos deixara a xente de Vigo e que non soubemos coidar. Tivo moitos accidentes pola nosa culpa e o máis terrible foi cando lle pasamos por riba co coche. Eu ía de copiloto e estábamos á porta da okupa. Arrancou o meu colega e non fun capaz de darme de conta da obviedade de que estaba alí tomando o sol a tres metros de nós. Xa estaba fodido pero nós deixámolo completamente inválido. Foi algo terrible para min. Eu que escribira nos baños da okupa “quero ser O´Kan” polo moi ben que se levaba e moito que o acariñaba a rapaza que me gustaba… pois esa frase quedou instalada en min, como digo, terriblemente. Teríamolo que ter sacrificado en pouco tempo mais andábamos con el dun lado a outro poñendóo por riba dunha porta dunha das moitísimas habitación daquel edificio. Era moi tocho e pesaba moito. Despois colleu infeccións. Non sei foi moi lamentable porque eu, parece mentira, quería que seguira vivo e non era máis que sufrimento para o animal. Ao final chegou a razón e un veterinario despois de moito tempo veu sacrificalo e eu fun dos poucos que non o quixo ver. A min sempre me deron medo os cans e nunca me levaba ben con eles ou eles comigo pero con O´Kan cheguei a levarme moi ben e el comigo pero comprendín que un can non pode ser comunitario nin pasar moitas noites sen nós mentras marchábamos para as nosas casiñas.

 

Quedaba xa pouco tempo para que derruíran a okupa e todos nós xa non estábamos activos que digamos, resignados e normalmente poñéndonos ata o cu.

 

Eu estaba malnamorado dunha rapaza á cal ata lle cheguei entrar. Non había moitas rapazas na okupa, sobre todo ao final e ela en concreto tiña, penso eu falando nunha linguaxe “viejuna” demasiados pretendientes. Pero eu sufría moito e todo o que fumaba sentábame mal para, por exemplo, seguir sufrindo máis por iso.

 

Non facía moito tempo ún dos meus millores amigos que estaba longas tempadas fóra estudando e viña pouco pola okupa presentoume a súa irmá e non sei explicar moi ben o que pasou pero foi moi agradable á par que premonitorio. Foi nun dos moitos concertos que se celebraran na okupa. Ao cabo dun tempo ela andaba con outro colega da okupa e viáa moito máis pero, claro, estaba collida e eu obsesionado coa outra no medio do derrube de todo e de todos.

 

A xente da okupa éramos moitos. Todo partira dun núcleo no que eu estaba anos atrás dun barrio moi concreto e fóise sumando co paso dos anos máis e máis xente ata que resumindo okupamos e despois aínda veu máis xente etc

 

Hai centos de batalliñas pero eu céntrome no que me centro.

 

Íamonos ao final arrimándonos con grupiños e se daban circunstancias neses grupiños pois de xuntarse xente moi variopinta de distintas vertentes, non sei como dicilo, a verdade. É dicir que xa non andábamos naqueles tempos o núcleo cohesionado e cadaquén uníase e desuníase con quen lle petaba por tempadas. Nese verán cando todo rematara curiosamente o do coche que atropellara comigo de copiloto a O´Kan, outro colega moi filósofo-friki, o mozo da irmá do meu colega, ela e algún outro e mais eu pois comezamos facer excursións digamos pola provincia á natureza, ríos, pozas etc e fomos formando piña e pasábamolo moi ben. Lembro que lograra desconectar da obsesión por aquela outra rapaza e que me comezaba a chamar moito a atención a irmá do meu colega pero, claro, tiña mozo e eu tan alternativo pero tan digamos cristián ás veces sentíame culpable só de ollala.

 

Foron moitas excursións e como digo moi divertidas pero nelas falábamos de cousas moi profundas. Moitas cousas das que eu nunca falara. Eu só falaba permanentemente de política e actividades anarquistas ou música punk. Para resumir dicir que un día fomos máis alá e nos embarcamos nunha viaxe naquel cochiño ata a costa na fronteira entre Coruña e Lugo e descubrínme nunha praia, nun lugar do máis máxico que nunca estivera. Estábamos no Barqueiro, na praia de Esteiro e era a fin de semana das perseidas que ían ser as máis alucinantes de todo o século XX e así o foron. Tirados na praia ás dúas da madrugada centos e digo ben, centos de estrelas caían ante os nosos ollos nese negro no fondo resprandecente.

 

Filosofamos antes diso e despois e namoreime dunha maneira que nunca experimentara porque ademais fun correspondido. Tiven, iso si, que ter unha charla pola tarde co suposto mozo da irmá do meu colega por se a el lle ocorría algo ao respecto, se estaría doído. En fin se daba a bendición. En fin eu estaba todo culpabilizado por se lle ía quitar a moza e ao final díxome que realmente non había exactamente nada entre eles e que non lle importaba nada senón ao contrario o que nos enrolláramos e así o fixemos.

 

Revolqueime esa noite con ela na praia, biqueina, abraceina e amei coma nunca o fixera na miña vida. Era a primeira vez para min pero non houbo sexo. O sexo viría despois en pouco tempo e moitas veces pero iso é outra historia.

 

Quería poñer en situación o momento de desconexión cos antigos colegas (non de todo, pero iso) derrube da okupa e decadencia de moitos colegas repasados. Eu con moza facendo cousas que nunca fixera e aprendendo e falando de cousas que nunca falara.

 

Mais a sémola da outra rapaza incríblemente aínda que pequena seguía na miña cabeza. A miña familia pasaba de min. Eu abandoara os estudos de tripitidor. Todo ese ano da okupa só fora os tres primeiros meses a clase. O meu futuro era todo para min unha incertidume e seguía, non tanto como os meus colegas, bebendo e fumando porros. Era malvexetariano facía un ano, e algunhas das compañas puntuais que tiña, digamo,s que non eran moi sáns nin con moi boas intencións e non falo dos meus colegas de toda a vida.

 

Estaba moi namorado. Fun a casa da miña moza (do pai da miña moza que non estaba) unha fin de semana e fixen o amor por primeira vez na miña vida e así o seguimos facendo unha grande tempada. Viña ata o meu barrio e chamaba por teléfono. A miña nai a primeira vez que colleu o teléfono díxome que me chamaba un neno.

 

Pero resumindo a cousa torceuse nunha viaxe de moitos de nós no cal viña ela e máis xente a Ribadavia. Alí totalmente ebrios deixámola tirada a ela e a un colega de toda a vida ás tantas da madrugada e o resto completamente flipados fomos á casa do colega do coche a seguir desparramando. Penso que igual erguínme do salón onde estábamos todos para ir ao baño e alí vin, nunha habitación, como o colega do coche e a rapaza que me gustaba, antes, estaban tombados na cama dándose “o lote” e é inexplicable a sensación de loucura, de celos, de frustración e de incomprensión de que iso estivera pasando. Non comprendía como esa rapaza podería estar facendo aquilo con el. Eu o consideraba bruto, de poucas luces, desparramado. (síntoo) Non sei é moi difícil explicalo e sei que non debería sentir o que sentía nese intre e menos da maneira, non sei, case psicótica que o sentía. Aquilo marcaríame moito e os sentimentos de culpabilidade por ter deixado colgados e sobre todo colgada a miña moza en Ribadavia o mesmo do mesmo. Penso que nese intre comezou a miña viaxe aos infernos que me marcaría para toda a vida.

 

Ela perdonoume, ela queríame moitísimo e malia o que se poda pensar despois de escribir o episodio anterior eu amábaa con todas as miñas forzas tamén. Era algo único e especial. Era a persoa que me espertara e empatizara comigo dunha maneira que ninguén o fixera. Era o meu amor.

 

A partires dese momento eu case non quero andar normalmente coa peña toda e comezamos a reducirnos nós os dous. Chegaba setembro e falábamos, falábamos moito. Eu non paraba de falar. Da miña vida, dos colegas, das actividades, da okupa, do pasado, das paranoias. Contáballe todo e despotricaba de todo. Estaba queimado de cousas que quizais me sorprendía estar queimado. Foi a miña psicóloga. É moi complicado explicar o bombardeo e o chorreo que lle soltaba e ela con toda a comprensión escoitábame e entendíame pero ao mesmo tempo facíame ver que moitas das miñas historias ou algunhas eran moi subxectivas ou incluso paranoicas.

 

Volvendo resumir, a derradeira semana con ela, ela xa só viña ao meu barrio. Eu en casa facía cousas un pouco estranas. Escribía sentenzas ou aforismos, algúns con moito veleno. Rebuscaba en papeis, libros e revistas, asociaba cousas dunha maneira xa algo patolóxica. Isto na intimidade. E non durmía demasiado. Despois espúñalle todo polas tardes a ela na parte de atrás do parque da Ponte. Chegando cantar cancións e a medio representar en plan performativo moitas historias. E atreveríame a dicir delirios meus. Ela trataba de cortarme e foi así, lembro, máis ou menos unha semana o mesmo rollo polas tardes. Despois ía para casa e a seguir mergullándome en non sei que toda a noite. Xa non bebía nin fumaba pero daba igual. Comía pouco e en casa, penso, non se enteraban de nada.

 

E chegou o día. Era un 9 ou 10 de setembro. Vestínme cunhas mallas moi rotas pola entreperna, un chandal de parte de arriba de cando tiña uns quince anos. Puxen unha chapa de cervexa estrela galicia cun imperdible e collín unha armónica vella que andaba por casa. A miña nai víume e medio pelexou comigo para que non saíra así pero foi imposible. Era pola tarde e xa a partires de aí só lembro detalles, “fogonazos”. Sei que cheguei ao parque das mercedes porque sabía que a peña podería estar alí bebendo litros e fumando petas e sei que unha das primeiras persoas que me atopei foi o filósofo-friki co que tanto falara en Barqueiro na praia de Esteiro e sei que me dixo que non entendera nada. Tamén sei que ao subir, ao parque, comecei poñer a parir a todo becho vivinte recalcando todos os defectos de cadaquén. Ou sexa poñendo a caldo a todo o mundo. Todos debían estar estupefactos e a miña verborrea debía ser incesante. Anos despois un deses colegas comentaríame que no fondo tiña toda a razón do mundo.

 

Penso que houbo xente que me quixo parar ou deter que avisaron a moita peña. Ata algún pai dun dos meus colegas. Pireime e comecei a deambular. A miña pose era de supermán tanto física como psíquicamente. Facendo movementos como se controlara artes marciais. Cantaba cancións punk aleccionadoras e críame, claro está, máis que o amo do mundo. Unha especie de “supervengador de la pradera.”

 

Sempre tiven o “flash” na miña cabeza que voltei, iso si que o fixen, voltei ao barrio pero subido ao bordo de pedra da ponte vella. Cousa que anos antes vira facer a un colega flipadísimo da nosa pandilla do barrio. Todo o mundo andaba á procura de min. Atopeime perto de casa cun vello amigo que estaba currando na capital do reino daquela e sei que tentou advertirme con moi pouco psicoloxía e púxeno de verán. Ao chegar ao portal porque curiosamente regresei ao fogar, estaban alí as rapazas da okupa. Coido que querían que subira dunha vez pero eu ao velas xa non quería subir. Ao final convencéronme e non sei se ata a miña moza, se estaba, quedou abaixo incríbemente. Subiron as outras e alí estaban en plan surrealista elas, a miña nai e sei que había alguén máis da miña familia pero xa non lembro. Eu comecei a machacar á rapaza que me gustara anteriormente. Púxena a caldo e supoño que non sabería onde meterse. A súa irmá e o resto trataban de advertirme que todo o que eu dicía non era así mais eu estaba ata violento. Marcharon e se me pechou a porta. Chimpei coa gaiola dos páxaros que sempre odiara contra o chan da terraza. A miña nai ofreceume un postre lácteo que a min sempre me gustara e lanceino ao outro extremo da terraza (que é bastante grande) e foi parar a un patio de luces. Parece ser que rompeu un cristal e aínda por riba viñeron chamar para protestar. Na terraza hai unha separación que dá a outra terraza máis pequeniña. Pois saltei malia que o meu irmán que chegara tentou impedilo. Desde alí hai moita altura cara abaixo e a miña familia e todos os veciños dos pisos de arriba que estaban contemplando o show pensaban que me ía tirar. Ao final recuei. Volvín e berrando, facendo artes marciais por toda a terraza e todo o mundo flipando moitísimo. Así mo imaxino. Tentei escapar pola porta da casa que estaba pechada. Non sei se ía quitar as miñas chaves ou non. Non lembro. Tiven unha pelexa co meu irmán e dun cabezazo partínlle o beizo e comezou a sangrar.

 

En fin parece ser que chamaron algún facultativo psiquiátrico e que veu verme e aconsellou o internamento en Toén. Mais a miña nai que sabía que eu odiaba ese sitio (tamén había precedentes familiares que pasaran por alí) e por iso no momento optaron por non facelo. Déronme algo e durmín. Á mañá espertei co timbre da porta e chegou miña nai a miña habitación. Eu estaba moito máis suave tanto que cando me dixo que quen timbrara fora un “pobre” boteime a chorar. Xa non lembro nada máis ata que unha panda de machos alfa da familia e subcontratas á mañá seguinte, non o teño moi claro, o 11 de setembro do 93 dirixíronse comigo camiño Santiago ao centro psiquiátrico A Robleda. Lugar completamente infame. Esta xente que me levaba ben amarradiño porque non se debe esquecer que eu era supermán eran o meu irmán, un amigo moi cachas do meu irmán, un meu cuñado, e o que daquela era marido dunha curmá miña. Xente forte.

 

Esta curmá miña, enfermeira (falei recentemente con ela e desmentíume rotundamente e convincentemente que ela non tivo nada que ver no asunto. Andaba preñada e parece ser que cando deu a luz foi cando me levaron ao lugar de marras que nin ela nin o seu marido coñecían) en contubernio coa miña irmá (parece ser) digamos do medio foron as que tiveran a brillante idea para que me conduciran ata alí para que lles sablearan os cartos a miña familia e para que me sablearan a miña alma a min os psicópatas batabrancas.

 

Fun ingresado e aí comezou o verdadeiro inferno durante dous meses que me marcaría de por vida e así estou marcado en numerosas facetas da miña vida. Digo isto ou escribo isto agora que teño corenta e cinco anos (cando publico isto teño 47) e que recoñezo que hai cousas que teñen ido millor que outras moitas por moita vontade e esforzo propio. Pero realmente aquela experiencia foi completamente terrible, espeluznante e non só me marcou a min. Marcou a miña familia e amigos e vou salpicando con ela a moita xente que me atopo no meu camiño. Desgraciadamente.

 

Vou comezar polo que considero máis forte. Anos despois esta irmá miña comentoume que lle preguntaran se daría, a familia, o seu permiso para practicarme electroshocks. Ela díxome que non lle deran o permiso mais eu naquel inferno con aqueles psicópatas no que só lembro flashes, momentos terribles etc dentro dunha tremenda escuridade si fun consciente de estar sometido a dor intensísima acoplado en lugares onde percibía maquinaria. Non sei como explicalo. Lembro ruídos como de serras mecánicas e lembro que pensaba que me ían cortar todos os ósos en cachos. Si, penso que puiden estar perfectamente sometido a electroshocks. Lembro a miña baba.

 

Sei, e isto é completamente así que o primeiro que me fixeron foi inducirme nun coma durante unha semana ou máis e que eu ao espertar do negro da morte vía a moitos batabrancas e com ún se achegaba e pegábame un pinchazo no brazo e caía rendido de novo.

 

Sei que os primeiros quince días non lle permitiron, por moito que o intentaron, a ninguén da miña familia o poder verme. E que cando viñeron, por fin, os meus pais, estaba tan brutalmente grogui, despois de quince días, que non os recoñecía. Estaba tan delgado que parece ser que a miña nai comentaba que a miña cara semellaba a dun cabalo.

 

Eu penso que dentro da miña debilidade, sufrimento etc negábame a comer desde quizais unha historia reivindicativa en plan folga de fame ou así. Pero o incríble é que non estaba exactamente consciente. Medio cos ollos pechados e totalmente drogado lembro como tentaban darme iogur e eu negábame físicamente. Pegaban con forza coa culler nos meus dentes. Ao final accedín porque ía morrer de fame e non podía máis.

 

Despois de todo ese tempo de terme morto comezaron a deixarme a soas nun cuarto completamente escuro. Completamente. Eu ía como podía tanteando ata a porta metalizada e comezaba a dar ostias nela porque quería luz, porque quería saír de alí. Chegaban e con violencia levábanme ata a cama e atábanme con correas. Eu non sei como facía pero con paciencia ou con impaciencia e forza, aínda que resulte estraño, liberábame delas e volvía a dar hostias na porta e volvíase repetir a operación. Volvíanme atar con máis forza. De verdade que algunha que outra vez volvía soltarme.

 

Outra razón bastante obvia para querer saír desa cela de castigo sería simplemente a de querer mexar. Estes non se comunicaban máis que violentamente eu estaba como estaba. Un día mexei precisamente na porta e houbo moita violencia comigo. É moi curioso dentro do desconcerto do terror todo e de que a miña cabeza era un caos un día ou unha noite dinme de conta que baixo a cama había unha bacenilla e mexei alí. Os enfermeiros que eran do máis terribel que ún se puidera imaxinar felicitáronme con puteos e risos que era o que facían maiormente no contacto que tiña con eles. Ás veces o puteo chegaba as mans cando á par cantábanme unha canción dándome bofetadas na miña cara.

 

O último ano antes de entrar neste sitio infame eu xa fumaba algún cigarro e desde os quince fumaba porros. Pois neste antro dabanlle tabaco a todo o mundo menos a min porque dicían que eu non fumaba. O dispensaba un vello que para min era o pior dos tolos todos que había alí. Empurrábame cando llo solicitaba e berraba enfurecido. Case non intercedían nas relacións que se daban entre os, digamos enfermos, A min un tipo no patio unha vez agarroume e apretoume o pescozo fortemente e xa crín que non a contaría.

 

Despois estaban os empurróns ás duchas de auga fría. Había señores que non paraban de berrar e de chorar era unha auténtica tortura.

 

Os comentarios de que tardaría moito en saír de alí e que non estaba nada ben eran repetidos e repetidos.

 

Eu era vexetariano e lembro despois de ser redirixido nunha mesa todos sentados para comer. Había cocido en un prato había chourizos. Non o puiden resistir, tiña fame. Educado e culturizado e saborizado coa dieta omnívora case toda a miña vida pinchei un chourizo e dous psiquiatras déronse co ombreiro ún co outro e díxolle ún ao outro: “mira, mira, como lle gusta o chourizo, entre sorrisos e algún riso”

 

Unha das cousas que me fixo resistir neste sitio noxento foron certas alucinacións auditivas que me daban esperanza e valor para saír daquela. Lembro dúas voces en concreto mais dame pudor comentar quen eran. Unha das voces foi a que me dixera ou alucinei eu que a bacenilla estaba baixo a cama.

 

Foron máis de dous meses e tiveron que pasar moitísimas cousas que son incapaz de lembrar para nada debido ao estado no que estaba e ao estado no que me deixaron. Foron máis de dous meses pero puideron ser moitos máis. Aínda por riba quitáronlle moitísima pasta a miña familia e eu á vez quedei resentido con ela de por vida, para que nos imos enganar.

 

Cando me sacaron era para ir unha fin de semana a casa e voltar pero a miña familia xa non quixo facer tal cousa porque deberon de darse conta do erro cometido. Digamos que me rescataron.

 

Estiven un par de semanas en casa e desparramei algún que outro día pero pronto dentro do zombi que era polas medicacións brutais, pois estiven moito millor.

 

O psiquiatra-gran xefe do tugurio aquel, un tipo con lentes e calvo con pinta de cura quíxome volver ver pero desta vez nunha consulta privada e púxome un cacharro na cabeza case media hora sen parar de dicir que era incríble. Non sei o que era incríble… cando voltei para casa estiven uns días mal pola experiencia. Daquela dicían que tiña esquizofrenia. Máis adiante outros psiquiatras cos que teño tratado (todos) diagnosticáronme outra cousa.

 

Cando aquela terrible experiencia rematou xunteime coa miña moza e choramos moito escoitando unha canción. Seguimos xuntos dous anos e medio máis.

 

Todo isto marcoume moitísimo. Tanto que non me desprendo…

 

A vida não é uma moda (Ilustraçao by Adri)

A VIDA NÃO É UMA MODA
Após décadas de advertência, há uma reação a favor da Terra e dos seres que a habitam, para que o desastre se estabilize ou não atinja a irreversão, pelo menos para os seres humanos e milhares de espécies. Dominados por aqueles humanos que dominam a natureza e, desde tempos imemoriais, poucos deles dominam a maioria de nós que somos muitos mais.

Ele se perpetua e nos leva a algo sem precedentes. Não houve reações dignas de nota à magnitude do que está por vir. De fato, é a magnitude acima de tudo. Não há nada mais importante para a vida em comum, no lugar em que vivemos. Na verdade, não nos mudamos tão longe. Não quero dizer a defesa contínua e oportuna de territórios ou recursos por ambientalistas e povos indígenas. Há lutas, e muito louváveis, que custam aos mortos, desde tempos passados. Quero dizer a resposta global ao que eles chamam de civilização e o progresso dela, que é o oposto. Linguagem distorcida.

Desde a revolução industrial até os dias atuais, ao longo dos anos, não foi, apesar do orgulho manifestado pelos exploradores, tanto pela natureza explorada quanto pela natureza devastada, mais do que uma linha de montagem para produzir bilhões de coisas megalomaníacas e quase tudo inútil para a essência vital de estar em harmonia com a natureza, em amor e em paz.
Armamentos e guerras até os limites genocidas, devastadores. A ciência e a tecnologia estão se tornando cada vez mais aberrantes e produtoras de morte do que nunca, e estão apenas buscando benefícios. Em nome da comunicação entre cidades cheias de desolação, o planeta é pavimentado. Montanhas estão quebradas. Pontes de quilometragem são controladas destruindo tudo. Florestas e selvas devastadas. Rios e mares contaminados. Polui o céu e o universo.

Milhares de espécies são exterminadas. Recursos dos países menos desenvolvidos estão sendo saqueados, mas os mais ricos estão sendo desenvolvidos. Derramamentos de resíduos industriais em todo o mundo e outros sobem para a estratosfera, criando uma bolha de poluição. Mas diz-se que ainda nos salva de temperaturas mais altas que podem estar ocorrendo neste mundo. Os pólos estão derretidos e nada é feito; pelo contrário, você deseja que ele faça rotas comerciais e os poucos sacos de óleo restantes para alimentar as indústrias poluidoras e o transporte. Queima a terra seca de toda barbárie civilizada. Tudo isso em um loop infame, mas não infinito.

É a falácia da sustentabilidade, afirma a monografia publicada pelo grupo Ren de Ren em 2008, aqui na Galiza. É a falácia, a diminuição também, e é, porque acho que não devemos diminuir, mas anti-crescer. Restringir, parar imediatamente. É hora de parar de produzir, parar de poluir. O que vemos é que o capital não faz sentido. Apenas para nos devorar, devorar e a partir do ganho e domínio de poucos sobre o resto, sejam pessoas, animais, vegetais e o relógio não para.
Dize-se que não há tempo. Há muita coisa que se sabe. É hora de exigir que, do contrário, queremos que o desastre termine. Agora, mas o que importa para o mundo, se apenas os interesses atuais (que são insuportáveis ​​para a maioria) não a vida, os filhos, os filhos de nossos filhos e assim por diante, então continuará. Provavelmente morreremos antes de uma infecção, câncer ou ataque cardíaco que devido às mudanças climáticas.

 

Publicado no nº 183 (Novembro 2019) do Novas da Galiza

Saccharine trust

hai xente que precisa

unha pistola

hai xente que precisa gumes

ou cores chamativas

ou inadvertidas

logo hai xente que só vé

algúnhas cores ou unha só

como explicar o teatro?

nin sequera ao teu corazón

aos nosos cerebros

como esta sociedade

cómenos co medo?

e cando non o temos

dámolo

como somos controlados?

como somos escravizados?

por lentellas e chucherías

como pechan as billas!

algunhas…

porque outras ábrenas

como o meu escrito

tórcese no papel pola química

antes de tentar durmir

cousa que conquerín!

como che van situar nun mapa

a terra é enteira para nós

e para vós e para aqueles

e aquelas e outras e outros

como se merca todo?

co vil metal!

que nace nas pedras

cálculos de ril

provocados por auga

infestada de contaminación

para que porco ou polo?

para traballar!

e mercar máis porco

e máis polo

por que agulla?

para tenreiros

e algunhas tenreiras?

por que roubar

o leite ás vacas

se son sagradas

por que inutilizar

o amor

o sexo

só estimular

para producir

como nos enfrontan

entre nós

entre vós

para competir

somo sementan

coñecementos a mansalva

informacións a mansalva

para competir

os campións da profundidade

coma no deporte

rei é o fútbol

ata que o fútbol non desapareza

haberá monarquía(s)

ata que a liga non desapareza

existirá a banca de voitres

que nunca entran na cadea

e se entran saen

coa porta xiratoria

do branqueo dos cartos beeeeeee

como suben e baixan o caudal

do río

e matan gatas sen sombra

e cans cegos e xordos

como as camelias

non son conscientes

de que foron fabricadas

nalgunha empresa

que se fai a sueca

do país onde comezou

o nazismo

e agora venden repúblicas

de felpudo

onde limpar os virus

despois de vendimar?

e comer ostras

e atoarse coa pérola

e tragar o discurso

patriarcal, social, mainstrinj

por moi alternativa que sexas

non dar créditos ás hienas

ou aos golfiños, ou aos lobos

aos xabaríns, aos cogomelos

ou aos páxaros e páxaras

e si dar crédito

ao agasallo do camelo

ou polo menos asumido

non rebelarse!

e non deixar que se rebelen!

Nin que se revelen

ser controladxs por dicir

a verdade ou polo menos as nosas verdades

por familia(s)

moitas delas horrendas

enchidas de tabús

e pedagoxía negra

enfurecerse ao escoitar

todo isto porque…

no teu taxi, no teu ordeñador

na túa televisión, no teu xornal

na misa do galo negro

ou nas seitas

nos vídeo xogos

e nos bares

machácante con cóvado

orella de porco

lingua de rata

verme morto

suor e estrabismo

todo polas doses

polas pantallas

de todas as cores

polas carteiras

os móbiles

que son pistolas!

a paz social

que é unha mentira

é unha falacia

igual que a lei e a orde

no fondo estamos en guerra

nunha guerra eterna

e desproporcionada

e moitxs non o saben

e xs que o saben

ou non se deciden

pasar a acción

ou silencian

ou delatan

manipulan

ou folla de lata

ou cresta afiada

nilhismo salvaxe

e pallasadas

con pólvora

estralantes

querer infundir medo

con salvaxadas

non me gusta a pólvora

asusta as animais

e todas as flores murchan

antes de ser, moitas,

lobotomizadas

xa non me fai gracia

o martiño peixeiro

nin a garza, a gaivota,

a tartaruga, o visón

e as súas raposas

todos e todas

comen merda do amo

a integridade é pecado

pensar por ti mesma é pecado

dicir o que pensas é pecado

e facer o que pensas e dis

é o suicidio social

eu nunca me quixen suicidar

a grande mentira de pinocho

eu quería escapar

porque ao fin descubrira

o fedor

xs que vivimos xuntas

non cheiramos moi ben tampouco

pero no fondo, aínda moi abaixo

respectámonos e querémonos

e corre aire cando ten que correr

e non hai peche

e en moitas cousas facemos

o que nos vén en gana

a un neno consentido

non se lle practican electrochoques

nin comas inducidos

a un neno consentido

déixalle escoller o seu mapa

non se lle sinala

non son monstro

non es monstra

non sodes monstras

ou si?

son eles e elas

por moito platón de lentellas e revisións contemporáneas

non son nada negativo

que non o sexas ti

e ninguén che ten que dicir

o que tes que dicir

o que tedes que dicir

o que tes que facer

o que tedes que facer

decepcionar é un pracer

e deberon sentir moito pracer

porque a min decepcionáronme

e decepcionan unha e outra vez

os da miña prole, os de moitas proles

o o puto patriarcado o puto matriarcado!

sinto vergoña cando abro a porta

sinto vergoña cando vou por alimento

e sinto vergoña de min mesm@

por non incendiar esa casa

onde me abandonastes

de non ir rendir contas

ao lugar onde fun torturado

ata a extenuación

non podo esquecer, meu amor

non o podedes comprender

pensas que ese charquiño roxo

ou a pedra no teu lombo

son pesadas mais non

limpado, limpástelo

nunca me liberarei

senón vos liberades vós

senón depositades todo o que sentides

e pensades nas súas putas alfombras

a min matáronme. estou morto

e queren seguir matándome ata o infinito!

 

Catro balas

A MIN PETÁRONME MOI FORTE EN DIFERENTES OCASIÓNS. AS PETADAS TIÑAN CORES DISTINTAS.
UNHA VEZ PETÁRONME NUN BAR GALÁCTICO NA PONTE.
FOI UN HOME  QUE LLE REGALARA UNHA CINTA QUE LLE TIÑA QUE GUSTAR (A MIN GUSTÁBAME MOITO TAMÉN). PERO EU SON UN PEQUENO BURGUÉS. E TEÑO QUE CALAR A BOCA. 😉
PETOUME A CABEZA AOS DEZASETE ANOS, NO MEDITERRANEO, VER TANTA XENTE DA QUE SÓ SE VERÍA VINTE ANOS DESPOIS POR ESTES LARES. LEVOUME ATA ALÍ UN RAPAZ DO BARRIO. CO QUE DESCUBRÍN OS DEAD KENNEDYS.
OUTRA VEZ PETOUME MÁIS RECENTEMENTE UNHA ESPECIE DE FEMINISTA NUN CAFÉ CULTURAL DA CIDADE DE OURENSE. DESTA VOLTA NON ME ASUSTEI E NON PORQUE FORA UNHA MULLER. HAI MULLERES QUE ME DAN MOITO MEDO. SÉINO ABOFÉ.
COLEGAS MEUS PETAN NA MESA BOTANDO RISAS E CARTAS ENRIBA DUN TAPETE VERDE.
PREGUNTEILLES O OUTRO DÍA SE NON HAI TAPETES VERMELLOS… ESQUECÉUSEME PREGUNTAR SE OS HABERÍA NEGROS OU DOUTRAS CORES, AÍNDA QUE O NEGRO NON É UNHA COR… É AUSENCIA DE COR. AUSENCIA DE, QUIZAIS FELICIDADE, DE LOITO, DE FARTAZGO E DE AUREOLA DE INXUSTIZA NAS VIDAS. O NEGRO TAMÉN É A COR DOS CURAS E TAMÉN É A COR DO GLAMOUR. AGORA COAS MÁSCARAS DA PANDEMIA CONFÚNDOME. POR ISO VOU COA CIRÚRXICA.
TEÑO QUE RECOÑECER QUE NUNCA SOUBEN DETECTAR MOI BEN OS “BOS” DOS “MALOS” AÍNDA QUE OS BÓS E XENEROSOS NUNCA ME GUSTARON TAMPOUCO.
NIN DEUS NIN SATÁN. DICÍAN ANESTESIA.
A MIÑA CIDADE ESTÁ FEITA UN CAOS. CAOS É DISTINTO DE ANARQUÍA. CAOS É BARBARIE. E O SOCIALISMO TÉNME DEMOSTRADO QUE É BARBARIE TAMÉN IGUAL QUE A DEREITA MOITAS VECES. É RACISTA, CLASISTA MOITAS VECES, O SOCIALISMO ESTÁ INMISCUÍDO TAMÉN ÁS VECES EN SECTAS DE TODO TIPO COMO POR EXEMPLO A IGREXA CATÓLICA OU WINDOWS. (XA SEI QUE ME TILDARÁN DE CONSPIRANOICO)
A MIN PETÁRONME (SON MOI PESADO CO TEMA) NUN MANICOMIO PERO QUIZAIS ESTIVEN TRABUCADO SEMPRE DE QUEN FORA O CULPABLE OU CULPABLES. AQUEL SITIO CHEIRABA A IGREXA E ASOCIEINO Á DEREITA. PARTE DA MIÑA FAMILIA É DEREITA. ALGUNHA ESTIVO EN ALTOS CARGOS. EU ODIEI A FRAGA. SIGO ODIANDO POR TODO O QUE FIXO. REPRESIÓN EN GAZTEIZ, XACOBEO, PRESTIGE, ANOS DANDO A BRAXA NA GALIZA, PERPETUAR O FRANQUISMO, ENQUISTAR GALIZA NUN PASADO DE DINOSAUROS… PREPARAR O MAUSOLEO…
PERO NOS ANOS QUE LOITEI MÁIS, SENDO RAPAZ, ANOS POLA INSUMISIÓN, FASTOS DO 92, MODERNIZACIÓN DE LAS ESPAÑAS, OKUPACIÓNS, ECOLOXISMO, LIBERACIÓN ANIMAL ETC OS QUE ESTABAN NO PODER ERAN OS DA OTAN, ERAN OS TRAIDORES, O GAL, A LEI CORCUERA, CÁRCERE A TODO TIPO DE DISIDENCIA… IMAXINÁDEVOS NUNHA CIDADE COMO OURENSE QUE É UNHA CIDADE HORTA-TRULLO-PASO DE MATERIA PRIMA CARA MADRID, UNS RAPACES NON MÁIS DE QUINCE, AO COMEZO, DANDO A BARRILA DESEGUIDO ARENGADOS SOBRE TODO POR ALGUNHAS PERSOAS QUE QUERÍAN MUDAR AS COUSAS QUE SI REALMENTE DABAN NOXO COMO AGORA PERO SEMELLA QUE NON. UNHA DELAS CONVENCEUME PARA QUE FALARA O GALEGO. MEUS PAIS FALABAN GALEGO PERO A MIN E AO RESTO FALÁBANNOS EN CASTELÁN. AOS QUINCE FAGO EXAMES NO INSTITUTO EN GALEGO E DINME QUE SON DO BLOQUE E EU ERA ANARQUISTA. ANDÁBAMOS POLA CASA DA XUVENTUDE. METÍAMOS OS FUCIÑOS POR TODOS OS LADOS. VIÑA XENTE DE FÓRA A COÑECERNOS, A DAR CONCERTOS PUNK ETC. ERA UNHA ACTIVIDADE TREMENDA DUNS “CHINORRIS”. ALGÚNS LIBERTARIOS, ALGÚNS ROXOS E/OU INDEPENDENTISTAS, OUTROS CON GAÑAS DE CAÑA. GUERRA DO GOLFO, V CENTENARIO DO XENOCIDIO. LOITAS VECIÑAIS CONTRA TOURADAS, EN CONTRA DUN PARQUING QUE QUERÍA FODER O XARDÍN DO POSÍO. CONSEGUIMOS GAÑAR ESTAS DÚAS LOITAS!! (COLECTIVAMENTE OBVIAMENTE)
E EU NUNCA FORA CONSCIENTE ATA HAI NADA DE QUE AQUILO HABÍA QUE ATALLALO. NA CASA DA XUVENTUDE ESTABA NA PRESIDENCIA O BLOQUE QUE NOS PERMITÍA. BENITO LOSADA QUE AO POBRE DÍMOSLLE MOITOS QUEBRADEIROS DE CABEZA, PERMITÍANOS… ATA BALTAR UNHA VEZ QUE QUIXEMOS OKUPAR O QUE SON AGORA AS OFICINAS DO CAMPUS PERMITÍANOS E NOS PROCURARA UNHA OFICINA QUE REXEITAMOS. E DESPOIS DEUNOS LUZ AO FOGAR INFANTIL. O CENTRO SOCIAL OKUPADO MÁIS “PREPARADO” QUE HOUBO NA ÉPOCA EN TODA A GALIZA. (E DAS PRIMEIRAS OKUPACIÓNS)
DERON UN GOLPE DE ESTADO NA CASA DA XUVENTUDE E ESTABLECEUSE UN MENDA DO PSOE DAQUELA (XUVENTUDES SOCIALISTAS) E NÓS NON QUIXEMOS SEGUIR ALÍ. UNHA VEZ ÚN DOS DO GRUPO HARDCORE, SIN DIOS, DE MADRID ONDE TOCABA A BATERA UN IRMÁN DE JOSÉ COUSO DÍXONOS ANTES DE TOCAR QUE SE ÍAN TOCAR PARA FRAGA!!? A MIN DÉRAME VERGOÑA…
PARADÓXICAMENTE BENITO AMOSOUME MOITOS ANOS DESPOIS UN PAPEL DE FRAGA PROHIBINDO EXPRESAMENTE OS CONCERTOS NA CASA DA XUVENTUDE. “PALABRITA DEL NIÑO JESÚS.” A MIÑA CURMÁ FOI ANOS DESPOIS VICEPRESIDENTA DA XUNTA CON DON MANUEL.
A MIN DÉRONME PAO E PAO EN LA ROBLEDA (VELLA) E NUNCA FUN PROCURAR O MEU HISTORIAL. PERO NON SÓ FOI A SALVAXADA QUE COMETERON COMIGO: COMA INDUCIDO, ELECTROSHOCKS, DUCHAS AUGA FRÍA, PAOS, AILLAMENTO ESCURO, SOBREMEDICACIÓN. MOITÍSIMA DA MIÑA XENTE QUEDOU MARCADA DE POR VIDA POR TER ESTADO NESE MOVEMENTO. MOITOS ESTÁN “EXILIADOS” HOUBO QUEN SE SUICIDOU. NON É BRINCADEIRA TODO O QUE CONTO. ESTAS COUSAS NORMALMENTE NON SE SABEN NIN SE CONTAN. SE LLES PROCURAN LUGARES DE TRABALLO CONTROLADOS, FAMILIAS CONTROLADAS (ASOCIADAS) E AQUÍ NON PASA NADA!!
SON CÁRCERES IGUALMENTE. E TEMOS QUE CALAR A PUTA BOCA E HAI TABÚS E CONFUSIÓNS E A XENTE NON ENTENDE E MÍRANTE MAL E PENSAN QUE ÉS CHUNGO… QUE SOMOS CHUNGOS E, SOBRE TODO, O ÚNICO QUE SOMOS É ANTIFASCISTAS.
NA CASA NON PUIDEMOS SEGUIR E OKUPAMOS NO CAMPUS DE NOVO PERO NO FOGAR INFANTIL O LUGAR MÁIS GRANDE DAQUELA DO CAMPUS. FIXEMOS MOITAS COUSAS PERO DISO NON QUERO FALAR. FOI AOS POUCOS E DURANTE ANOS CHEGANDO XENTE NOVA. ALGUNHA CON BOAS INTENCIÓNS E OUTROS E OUTRAS CO PASO DO TEMPO DINME DE CONTA QUE TODO O CONTRARIO. XENTE MOI ASTUTA. PROVOCANDO CELOS, INTRODUCINDO DROGA, DESMOVILIZANDO, ARENGANDO NILHISMO E VIOLENCIA, NOUTROS CASOS. ALCOHOLISMO OU PROVOCANDO ALCOHOLISMO E DROGADICCIÓN.
BENITO LOSADA VEU A OKUPA E OLLOU. DIXO QUE ESTABA ALGO DESCOIDADA. NON ESTABA MAL DE TODO NAQUELA ÉPOCA. BENITO MORREU DE CANCRO. AGORA NON SEI DE QUE VAI O QUE FOI A CASA DA XUVENTUDE. PASOU A CHAMARSE ESPAZO XOVE E MORRÉRONA. A ENCARGADA UNHA CURMÁ DE FEIXÓO.
EU ESTIVEN OFF MOITO TEMPO. APARECERON MOVIDAS MUSICAIS SEN REIVINDICACIÓN CON MOITA DROGA, ALCOHOL E DESFASE. CONCERTOS AOS QUE FUN MOITAS VECES E RECOÑEZO PASEI BEN BAILANDO AO SON DO ROCK AND ROLL SEN VER MOI BEN O QUE HABÍA AO REDOR. (SALAS DE CONCERTOS)
VELLOS COLEGAS, DESDE O MEU PUNTO DE VISTA, COMEZARON A MUDAR. (TODO ESTE ESCRITO SON OPINIÓNS PERSOAIS, QUE CONSTE “AMIGUITXS”)
EU NON SON UN SANTO FIXEN COUSAS CHUNGAS CANDO SAÍN DAQUEL TORMENTO QUE CONSIDERO SE REPETIU OUTRAS VECES POLA PROPIA PRIMEIRA VEZ.
TRATEI MAL A ALGUNHAS MULLERES. NON ERA EU MESMO.
PERDÍN A MIÑA MOZA QUE AGARDARA POR MIN E ME QUERÍA E PERDÍNA POR CANTOS DE SEREA DE TODO O QUE ESTOU CRITICANDO. ELA FOI AO RURAL… AÍ NO RURAL É ONDE DEBERÍAMOS RETORNAR MOITAS PERSOAS. TODO ESTÁ ABANDONADO CON PREMEDITACIÓN E ALEVOSÍA (LUMES, EMIGRACIÓN, FALTAS DE SERVIZOS, AVELLENTAMENTO) CHEGOU INTERNET, OS FESTIVAIS, O PASALO BEN E CONSUMIR. SEN NINGUNHA CRÍTICA NIN ÉTICA TODO O MUNDO PREPARADAS UNIVERSITARIOS. SOAMENTE UN ROLLO HEDONISTA. TODOS E TODAS MOI ESTUDADOS, MOI PREPARADOS. SABENDO TODO DE TODO E O PLANETA MORRENDO.
ESTA CIDADE É UN CAOS E CAOS É DISTINTO DE ANARQUÍA, ISTO É A “MÁXIMA EXPRESIÓN DA ORDE”. PERO ESA ORDE NON A QUERE O CAOS CHAMADO CAPITALISMO QUE A TRAVÉS DO TRABALLO E A PRODUCIÓN EXERCE O NAZISMO “INVISIBLE”. ADEMAIS SENDO DURÍSIMO COAS CLASES DESFAVORECIDAS ENFRENTÁNDOAS COAS PERSOAS MIGRANTES E DIFERENTES E VULNERABLES QUE VEÑEN OU ESTÁN AQUÍ CON TODO O DEREITO DO MUNDO. TODAS PRECISAMOS VIVIR SEXAMOS COMA SEXAMOS E DIGNAMENTE.
COMO É POSIBLE QUE HAXA UN 1% DA POBOACIÓN MUNDIAL QUE TEÑA MOITO MÁIS DA METADE DOS RECURSOS ECONÓMICOS DO PLANETA.
COMO SE PODE PRIVATIZAR TODO? COMO SE PODE PRIVATIZAR A SAÚDE? COMO NON LLE DAS SAÚDE Á XENTE PRECARIA, MIGRANTE ETC? ONDE ESTÁ A HUMANIDADE? ONDE ESTÁ O VOSO DEUS?
PARA QUE TRABALLAR E PRODUCIR TANTO? SE ADEMAIS ASÍ PRECÍSASE UNHA MOREA DE DEMANDA MAIOR? POR QUE COMER PORCO? PARA ATURAR O TRABALLO…? OS CHINESES QUEREN MOITO PORCO PORQUE TEÑEN QUE PRODUCIR. É A GASOLINA.
PARA QUE MÁIS VIVENDAS SE HAI MILLÓNS DELAS BALEIRAS?
PARA QUE COMPETIR NESTE XOGO FUTBOLÍSTICO DE PODER E DOMINACIÓN!!
O SER HUMANO CORRUPTO O QUE QUERE REALMENTE É DOMINAR. ESTAR POR RIBA COMO NAS PIRÁMIDES DOS FARAÓNS. PRECISAN ESCRAVOS E ESCRAVAS PARA NON PARAR DE CONSTRUÍLAS… PARA QUE? PARA DOMINAR, PARA SENTIRSE SUPERIORES, PARA SENTIRSE PODEROSOS, PARA DOMINAR.
O MUNDO DESDE O MEU PUNTO DE VISTA TIÑA QUE SER MOITO MÁIS SIMPLE, AUSTERO E ACORDE COA NATUREZA QUE SE ESTÁ FODENDO. A TERRA TERÍA QUE SER O FOGAR DE TODOS OS SERES VIVOS FUTUROS. OXALÁ DAS HUMANAS TAMÉN.
OURENSE É UN “MANÁ”. HAI AUGA (AÍNDA QUE POLO MOMENTO CONTAMINADA, ÁS VECES) SE SE DEPURARA, DE VERDADE, ESA AUGA (A GALIZA DOS MIL RÍOS QUE DICÍA FRAGA) SERÍA IMPRESIONANTE. OS RECURSOS SON MOITOS. INCLUSO PARA SER SOLIDARIAS CON MOITA XENTE.
AQUÍ HAI RESISTENCIA, MOITA RESISTENCIA POLA ESQUERDA, A ESQUERDA RADICAL MAIS TAMÉN POLA DEREITA… XENTE QUE ESTÁ ASILVESTRADA E DEIXA ASILVESTRAR O SEU REDOR E INCLUSO AMEDENTRA AO CURIOSO PARA QUE NON SEXA REBENTADA UNHA FORMA DE VIDA ECOLÓXICA E APEGADA A TERRA. NON SE QUERE SER COLONIZADO NON SE QUERE SER COLONIZADA. PERO AS MULLERES TÉÑENSE QUE DESCOLONIZAR TAMÉN E O ESTÁN A FACER. POR ESTES LARES É MÁIS COMPLEXO. OU QUIZAIS NON O É SÓ QUE DUNHA MANEIRA DISTINTA A OUTROS LUGARES.
EU NON FUN Á UNIVERSIDADE PERO TEÑO ESCOITADO, TEÑO LIDO, TEÑO COMPARTIDO MOITAS COUSAS, E O MUNDO ANTES DA PANDEMIA (EU NON PARTICIPABA DESE MUNDO) NON TIÑA, NON TEN SENTIDO. UN MUNDO TURÍSTICO (NON VIAXEIRO) DE VÓOS BARATOS DE GLOBALIZACIÓN, DE CONTAMINACIÓN, DERROCHE, EXCESOS. NON SON UNHA PERSOA ESPARTANA. GÚSTAME DISFRUTAR, HAI QUE DISFRUTAR DA VIDA. POR ISO SE TIVÉRAMOS UNHA VIDA MILLOR DISFRUTARÍAMOS MÁIS. GÚSTAME A ARTE, A CULTURA, A MÚSICA, OS LIBROS, OS CONCERTOS, A XENTE, O SEXO, AMIGOS E AMIGAS PERO TODOS ESTES ANOS NON PUIDEN DISFRUTAR DEMASIADO DE TODO ISTO. BEN, ALGUNHAS VECES SI. E RECOÑEZO QUE ÁS VECES A PARTIRES DE INICIATIVAS QUE NON ME CONVENCEN NO FONDO. PERO É O QUE HABÍA, HAI.
NON ME GUSTA A CRUELDADE E O SADISMO. PENSO QUE HAI XENTE MALA, ENVEXOSA, PREXUIZOSA. NON XS CULPO DEMASIADO E ISO QUE ÁS VECES SON UNHA PERSOA IRACUNDA. PERO SE ALGO DESCULPA MIÑA RABIA É AS MÚLTIPLES INXUSTIZAS QUE LEVO SUFRIDO NA VIDA. AO MILLOR A PRIMEIRA… NACER!
PERO AÍNDA QUE PARECE CONTRADITORIO ESTOU COA VIDA. NON ODIO A XENTE. NON SON RELIXIOSO. DESPRENDÍNME DISO. FÚNO. EDUCADO POR UNHA PERSOA TRAUMATIZADA E COMIDA DO BICHO POR TODAS ESAS IDEAS LOUCAS DO CATOLICISMO MÁIS RECALCITRANTE FUN UN NENO, RAPAZ E ATA XOVEN REPRIMIDO.
APOSTATEI E PERCATEI QUE SE UN DEUS EXISTE ESTÁ INTRODUCIDO EN SERVIDORES QUE NOS CONECTAN A TRAVÉS DE ALGORITMOS E CREAN UN MUNDO QUE QUEREN QUE SEXA COMO É, NON MÁQUINAS, SENÓN HUMANOS PERVERSOS.
INTERNET PUIDO E PODE SER UNHA FERRAMENTA ÚTIL. UNHA FERRAMENTA. NON UN COMECOCOS DE FAKE NEWS, ENFRONTAMENTO, POSTVERDADE E DESINFORMACIÓN CANDO NON FASCISMO. O FASCISMO ESTÁ MEDRANDO PORQUE INTERESA AO CAPITAL. DESTA MANEIRA QUE SEMPRE SE REPITE CONTÉN O FLUXO DE XENTE QUE VÉN RECLAMAR O SEU CON TODA A RAZÓN DO MUNDO DESPOIS DE SER COLONIZADOS, EXPOLIADOS E DESPOIS OBXECTO DE GUERRAS POR RECURSOS OU EXILIO CLIMÁTICO PROVOCADO POR CONTAMINACIÓN E CAMBIO CLIMÁTICO ORIXINADO POR OCCIDENTE.
ISRAEL MARCOU E MARCA OS RITMOS. PALESTINA CON TODO O RESPECTO POR ELA É UN PRECEDENTE DO QUE SE ESTÁ A CONVERTER E QUEREN CONVERTER O MUNDO. DE FEITO ESTA PANDEMIA TEN MOITO DISO. ONDE MÁIS INCIDIU FOI NO MEDITERRANEO CURIOSAMENTE POR ONDE ESTABA ENTRANDO MÁIS XENTE NECESITADA. XENTE QUE TRADICIONALMENTE É EMPREGADA POLA INDUSTRIA FARMACEUTICA PARA PROBAR SÚAS BACINAS E MEDICAMENTOS. MAIS A MALARIA OU PALUDISMO AÍNDA NON A TEN. IGUAL QUE NON A TEN O DENGUE EN AMÉRICA LATINA. ALÍ BOLSONARO FOI A TRAVÉS DA RELIXIÓN COME COCOS EN BRASIL LUGAR BASTIÓN Á HORA DE PRACTICAR O XENOCIDIO AO IGUAL QUE NOS EEUU DE TRUMP. TRUMP REFERENTE DO FASCISMO MUNDIAL. MOITO DANO CAUSADO POR ESTES SI AUTÉNTICAMENTE POPULISTAS NON VENEZUELA OU CUBA.
INGLATERRA COMEZOU POLAS MESMAS MAIS SAÍULLES O TIRO POLA CULATA SE SE ME PERMITE O ARGOT MILITAR. NON ESTAR NA UNIÓN EUROPEA EXHIMEO DA CHEGADA DA MIGRACIÓN, POLO COMEZO, AO SEU PAÍS. BEN, DUN TIPO DE MIGRACIÓN. XA NON QUEDAN MOITOS GALEGAS PERO CADA VEZ VAN MÁIS ASIÁTICOS A ILLA DA RAÍÑA QUE MORRERÁ MÁIS TARDE QUE JOHN LYDON.
O TEMA DA SUSTENTABILIDADE É UNHA FALACIA COMO DICÍAMOS NUNHA REVISTA. NON SE PODE SUSTENTAR UN SISTEMA QUE NON PODE SUSTENTAR UN PLANETA. SÓ HAI UN PLANETA, NON OITO OU NOVE. NON TEN SENTIDO E NON TEN SENTIDO QUE UNS POUCOS VAIAN A MARTE OU A VENUS. OU TODXS OU NINGÚNS/AS COMO DICÍA BERTOLT BRECHT. HAI XENTE, MOITA XENTE QUE PASA FAME TAMÉN NO “PRIMEIRO MUNDO” E TÍRANSE TONELADAS DE COMIDA. EMPÓRCASE A AUGA. CAMBIO CLIMÁTICO, DESXEO, INCENDIOS, FURACÁNS… A NATUREZA REBÉLASE!
ISTO QUE PENSO QUE QUEREN FACER VANNO FACER SINXELAMENTE PORQUE ACABOUSE O OURO NEGRO. POR ISO QUE PROCURAN ALTERNATIVAS (IMPÁS, PANDEMIA, VIRUS, BACINAS) COMO SE NOS VENDE QUE A HUMANIDADE ESTÁ EXPOSTA Á MORTE E A TANTO VIRUS? E AS BACINAS E NON SON SOFTWARE LIBRE? COMO É POSIBLE QUE DEIXEN MORRER A MÁIS DA METADE DA HUMANIDADE QUE NON TEN CONDICIÓNS HIXIÉNICAS E SANITARIAS POTABLES. DESERTIZACIÓN. SEGUEN GUERRAS. OCCIDENTE PARTICIPANDO INDIRECTA E DIRECTAMENTE. (VENDA DE ARMAS)
AGORA QUE CHINA ESTÁ CARA ARRIBA OS IANQUIS QUEREN ABANDEIRARSE DA CORRECCIÓN POLÍTICA. DO ANTIRRACISMO, DO FEMINISMO, DO ECOLOXISMO. É VERDADE TODO ISTO? É MARQUETÍN? QUE FOI O BREXIT? POR QUE EUROPA SEGUE SENDO TAN RACISTA? POR QUE CARGA SOBRE O MEDITERRÁNEO CON GUERRAS OU MUROS A FUXIDA DO HORROR DE TODA ESA XENTE?
E O ESTADO ESPAÑOL TAN POLÍTICAMENTE CORRECTO AVIVA A ULTRADEREITA QUE ERA RESIDUAL PARA CREAR CONFUSIÓN. NON SE DESPRENDE DA MONARQUÍA. TEN MEDO DE MOITAS COUSAS. DO DEREITO A AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS QUE O FORMAN. DUNHA ESPECIE DE REVOLUCIÓN QUE TUMBE OS PRIVILEXIOS DOS RICOS QUE SEGUEN SENDO, MOITOS DELES, OS DE SEMPRE, OS DE ANTES… QUE SE TOMBE A MONARQUÍA DECIMONÓNICA.
O PSOE SEGUE ACTUANDO COMA SEMPRE ACTUOU. XA ESTÁ BEN! E O PP PROCUROU ALIADOS EN SOCIAS MOI DISPARES PERO VERGOÑENTAMENTE NA ULTRADEREITA DE MORTADELO E FILEMÓN, TAMÉN, CON PERMISO E PERDÓN, A IBÁÑEZ.
AGORA ACTÚA PODEMOS EN MADRID NAS ELECCIÓNS E RECIBEN BALAS ELES E O MINISTRO DE XUSTIZA…. ATA A GARDA CIVIL??? SUMIDOIROS? BRINCADEIRAS? VELLAS PANTASMAS? E LOGO A TRANSICIÓN FOI MODÉLICA!!?
AQUÍ EN OURENSE TAMÉN COMEZA CHEIRAR MAL NO RELATIVO AO FACHERÍO. FOMOS MIÑA COMPI I EU DAR UNHA VOLTA POLO POLVORÍN (BARRIO RURBANO) (NUNCA FORA) E VIN COUSAS MOI RARAS. AMEAZAS EN FORMAS DE SÍMBOLOS, UN RAPAZ CUNHA PIPA NON SEI SE DE XOGUETE. OLLOS AO CAN POR TODOS LADOS. CANS DE VERDADE POR TODOS LADOS. E MAIORES (NON CHOVÍA) QUEIMANDO E BOTANDO UN FUME DA HOSTIA. CARROS PASANDO A TODO METER E TODO O RATO POR UNHA CARRETEIRIÑA DE MERDA E, PARA RESUMIR, AO CHEGAR AO FINAL SÓ HABÍA SAÍDA Á ESTRADA E O BURRIKIN E O MAKDOLARS, AO FONDO, POR RIBA DO COLE E DO CARREFUR E, OU DÁBAMOS A VOLTA, (COUSA NADA APETECIBLE) OU NOS METÍAMOS NA ESTRADA COS CARROS (UNHA LOUCURA) ENTÓN ONDE HABÍA UN CAMIÑO QUE PARECÍA PECHADO ENFRONTE HABÍA UNHA CASA E ESTABA UNHA SEÑORA MAIOR E EDUCADAMENTE PREGUNTEILLE COMO SE ÍA AO RÍO (BARBAÑICA, CAMIÑO VALENZÁ-OURENSE) E ME CONTESTOU TAMÉN MOI EDUCADAMENTE QUE POLO CAMIÑO QUE SEMELLABA CEGADO Á BEIRA DIANTE DUNHAS CASAS QUE ESTABAN CHEAS DE CANS. HABÍA UN CARREIRO QUE LEVABA ALÁ ABAIXO. A MIÑA COMPI TIÑA MEDO PERO FÍXENA VIR DETRÁS. OS CANS LADRABAN E FOMOS INDO PARA ABAIXO. DE SÚPETO Á DEREITA DIVISAMOS UN CAMPO DE GOLF DO “COPÓN.” CANDO CHEGAMOS CASE AO CAMIÑO DE BARBADÁS-VALENZÁ, AO FINAL APARECEU A IMAXE QUE ILUSTRA ESTE ESPECIE DE ARTIGO (ARTIGO! NON PROGRAMA… PERSOAS SUSCEPTIBLES…TEÑO QUE AUTOCENSURARME. SE PERCIBÍN AS COUSAS COMO AS PERCIBÍN E PERCIBO QUE LLE VOU FACER?) DESPOIS FOMOS CARA Á DEREITA E AÍNDA QUE APARENTEMENTE AS CASAS E O VERDE ERA O MESMO NON O ERA. VIN “SÍMBOLOS” DISTINTOS, ADEMAIS EU VOU POR AÍ MOITAS VECES E SEMPRE ME DEU BO ROLLO. COMO PODE SER? POR QUE? VILLAARRIBA Y VILLAABAJO?? EU SON MOI IGNORANTE PERO TODA ESA XENTE A DE ARRIBA E A DE ABAIXO VIVEN NO RURBANO, CASE RURAL. PENSO QUE LLES GUSTA… A MESMA MANEIRA DE VIDA. UNHA VIDA QUE PARA MIN É DIGNA E ATA PRECIOSA. E POR QUE UNHA XENTE TEN ESES ACENOS VIOLENTOS, CLARAMENTE FACHAS E MACABROS E A OUTRA NON? QUE OCORRE, QUE OCORREU PARA QUE DESPOIS DE TANTÍSIMOS ANOS VILLAARRIBA E VILLAABAIXO SE LEVEN MAL?? ONDE ESTÁ A HUMANIDADE? HOXE, ISO, ENVIARON AS BALAS A PABLO IGLESIAS ETC… POR QUE? QUE PASA? QUE OCORRE? NON LOGRO ENTENDER E ISO QUE TEÑO UNHAS IDEAS QUE CONSIDERO MÁIS RADICAIS QUE O PROPIO PABLO IGLESIAS… POR QUE TANTA XENREIRA? PORQUE TANTO RENCOR (FALO TAMÉN PARA COÑECIDXS) E MEMORIA PARA O MALO? E FALAR ANOS MAL DA XENTE. ESA XENTE DE VILLARRIBA NON SEMELLABA MOI PUXANTE PRECISAMENTE… NON SEI QUE PASA EN OURENSE, NON SEI QUE PASA NA GALIZA, NON SEI QUE PASA EN EUROPA, NON SEI QUE PASA NO MUNDO. POR QUE NON QUEREMOS VIVIR EN PAZ COMO DICÍA AQUEL? GÚSTANNOS TANTO AS RALLAS DE PÓLVORA?
CANTAS PINZAS. CANTO TRASNOITE. CANTO DO DE TODA A VIDA. CANTA COBARDÍA.
CANTA ARABIA SAUDÍ, CANTA EUROPA… CANTA CHINA QUE COME ÁFRICA. COMO A COMERON OS DEMAIS HAI MOITOS ANOS…
DE TODOS XEITOS EN CHINA TAMÉN HAI GRUPOS HARDCORE.
NOS PAÍSES NÓRDICOS DE TODO HAI COMO NO ESTE, PENSO EU. ISLANDIA DEU LECCIÓNS. SUECIA ENCAROU A PANDEMIA DOUTRA MANEIRA…. NON HOUBO RESTRICIÓNS E NON MORREU MOITA MÁIS XENTE QUE NOUTROS LARES EUROPEOS. EN DINAMARCA SEMPRE DIXERON QUE ALGO CHEIRABA MAL E EN NORUEGA HAI ATÚN SALVAXE, AURORAS BOREAIS PERO HAI PEÑA QUE SE SUICIDA A MANSALVA.
OS RUSOS ESTÁ CLARÍSIMO QUE NON SON COMUNISTAS. POLO MENOS OS QUE ESTÁN NON PODER. ENCANTADOS CON TRUMP. UNHA VEZ FIXEN UNHA COLAXE PASEANDO PUTIN POLO MEDIO DO CANÓN DO COLORADO.
ONDE SE COMEZOU O MODELO ULTRALIBERAL QUE FOI EN CHILE ESTASE ENSAIANDO UN MODELO TOTALMENTE CONTRARIO DESPOIS DE MOITA LOITA, MOITA LOITA NA RÚA!!!
AS KURDAS RESISTEN A ESA PINZA EUROPEA RACISTA QUE É TURQUÍA.
O CONFEDERALISMO DEMOCRÁTICO DESA XENTE IRÍA QUE NIN PINTADO PARA O ESTADO ESPAÑOL. (MIÑA PUTA OPINIÓN)
E AQUÍ NA CIDADE DAS BURGAS E DO VERDE HAI MOITA XENTE QUE QUEREMOS VERDE E QUEREMOS RÍOS LIMPOS E PARQUES, E XENTE NOVA, E CULTURA E RESISTENCIA.
TAMÉN QUEREMOS AUGA PERO NON PARA XENTE DE LUXE (POLO MENOS ASÍ OPINO) SENÓN UNHA CIDADE TERMAL DIGNA E SEN PRETENSIÓNS.
QUEREMOS TECNOLOXÍA PERO QUE NON ESTÉ INZADA DE XENTE “PREPARADA” E ELITISTA QUE TE CAGAS SENÓN QUE SE POIDA TRANSMITIR ESE COÑECEMENTO NON MALICIOSO Á POBOACIÓN E ESTAR TODOS E TODAS CONXUGADOS E CONXUGADAS POLA NATUREZA E CONECTADOS PARA PODER QUEDAR PARA FACER ALGO BENEFICIOSO E CONXUGADO, REPITO, COMO DI O FILÓSOFO ITALIANO “BIFO”
CULTURA, ESCOLA DE ARTE, IMAXE E SON, OBRADOIRO DE MÚSICA, PRODUCIÓN AUDIOVISUAL E RESPECTO POLOS MAIORES E NENOS E NENAS. AULAS EN GALEGO SOBRE TODO INFANTIL. COUSAS QUE SE ME OCORREN DICIR. (QUE SE ME OCORREN DICIR… HOSTIA!!!!)
AUDITORIO E BIBLIOTECA PÚBLICOS, MUSEOS, ARQUEOLÓXICO, MUNICIPAL, TEATROS, FESTIVAIS MODESTOS DE MÚSICA E TEATRO. FESTIVAIS DE POESÍA, UNIVERSIDADE POPULAR, CONSERVATORIO (PARA TODOS OS PÚBLICOS) ETC ETC
ERRADICACIÓN NON DO CONSUMO SENÓN DOS CENTROS PERNICIOSOS DE DROGA E PROSTITUCIÓN. ELIMINACIÓN DA CORRUPCIÓN. TRANSPARENCIA. CONCELLO ABERTO. COMO SE FACÍA NON HAI TANTO EN TANTAS ALDEAS E VILAS DA GALIZA. OU POLO MENOS PRESENCIAL.
CONTROL DAS POLICÍAS. (ENTÉNDASEME)
PERO SOBRE TODO, SOBRE TODO, RESPECTO Á NATUREZA.
NON ÁS MINAS!! NON QUEREMOS FURADOS! NON ESPECULACIÓN INMOBILIARIA. NON ESPECULACIÓN NO CASCO VELLO SUR. UNHA ZONA VELLA ONDE SE POIDA RESPIRAR CULTURA.
E NA GALIZA É INADMISIBLE O PARQUE DE EÓLICOS QUE SE QUERE ESTABLECER!!!! ISO PODERÍA SER ALGO BRUTALMENTE ABERRANTE.
XA CHEGOU COS ENCOROS…
ENCE FÓRA DA RÍA DUNHA VEZ (DÍGOO EU MAIS PENSO QUE O DI MÁIS E MÁIS XENTE) COMO DICÍA O GRUPO “EL CORAZÓN DEL SAPO”: “ESTARÉ SÓLO? YA LO VEREMOS!!
E QUE A BANCA REPARTA DUNHA VEZ O ROUBADO NAS CRISES! COMO SE PODE SER TAN LADRÓN POR DUPLA E TRIPLA E ASÍ ATA O INFINITO.
RENDA BÁSICA DOS IGUAIS… MULTINACIONAIS “GALEGAS” VERGOÑA GLOBALIZANTE. ESCLAVISTAS!!! BOIKOT (ISTO O DIGO PORQUE ME PETA.)
MICROCRÉDITOS E GARANTÍAS PARA PEQUENAS EMPRESAS SOSTIBLES E ENFOCADAS NO RURAL ETC
IMPLEMENTACIÓN DE SERVIZOS NESE RURAL. TRENS DIGNOS. LIÑAS DE BUSES DIGNAS.
S.O.S HOSTELERÍA. QUEREMOS VERNOS TAMÉN NOS BARES E COMER XUNTXS.
QUEREMOS ACTUACIÓNS NA RÚA. MANTEIRXS. SERVICIOS SOCIAIS DE CALIDADE.
RECONVERSIÓN AGROPECUARIA!!

E que chova!!!!!!! (E ONTE CANDO ESCRIBÍN ISTO CHOVEU E MOITO. IGUAL OFENDÍN A ALGUÉN COÑECIDX. SÍNTOO MOITO EU VIVÍNO ASÍ E NON ME VOU AUTOCENSURAR. HOXE SÁBADO 24 DE ABRIL REVISEI ESTE TEXTO E NON ME ARREPINTO DE NADA DAS MIÑAS OPINIÓNS. TEÑO DEREITO COMO TODO O MUNDO A EXPRESALAS NUNHA QUE DEBERÍA SER “DEMOCRACIA”. A MIN FIXÉRONME MOITO DANO MOITOS ANOS DA MIÑA VIDA E XA ESTOU FARTX DE ESTAR CALADX!!

ISTO FOI ESCRITO NUN POST EPISODIO DE “MANÍA” QUE TEÑO TIDO VARIOS NA MIÑA VIDA E NON PRECISEI DESTA VOLTA DE PAO E NON PRECISEI DE LITROS DE QUÍMICA PARA SUPERALO. ESTOU ORGULLOSO DISTO. DEBERÍA PROBALO MÁIS XENTE. NON SERÍA POSIBLE SEN ACOMPAÑAMENTO, CLARO ESTÁ. NESTE CASO O DA MIÑA COMPI…

DE TODOS XEITOS SAÚDE, DE VERDADE, A TODA A PEÑA QUE NOS TOPAMOS E ATOPAMOS EN MOITAS MOVIDAS XUNTOS FORA PARA O QUE FORA. A TODXS NOS JODERON!

Vota ninguén, ninguén daráche nada. Reivindica, loita e reclama o que che corresponde!!!!! (SE QUERES PODES VOTAR PERO COMO IR AO SUPER 😉

UN ATREVIDO QUE NON PROGRAMA SENÓN QUE OPINA. QUEDA CLARO??

Todo o que digo aquí seguramente non vale máis que para botar para afora!

 

ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ.

Concurso

o meu avó foi xornalista, libreiro, quiosqueiro, escritor, preso e mestre
mais arrebatáronlle a mestría despois de estar condenado a morte
a súa filla maior fíxose mestra e arrebatáronlle a mestría…
un grande terratenente da zona de valdeorras
ela era da súa propiedade e américa como se chamaba a miña tía
non puido nunca liberarse nin viaxar a europa como maría barbeito
a miña tía chamábame king kong cando eu era neno
tentou fuxir varias veces do lugar onde estaba confinada
pero eran uns tempos nos que a súa traxectoria profesional
non podía desafiar o confinamento das labouras do fogar
coma as de millóns de mulleres instruídas polas normas
das seccións femininas de falanxes que se elevaban tapando o sol
a miña nai non foi mestra nin o meu tío nin a miña outra tia
a miña nai tivo que servir nunha casa allea ao quedar preñada
ao parir, a súa primeira filla, tivo que permanecer case catro anos nesa casa
os meus pais xa estaban en ourense
o irmán maior do meu pai casou coa filla doutro terratenente
o mesmo que prohibiu ao meu avó materno dar as aulas nas aldeas
despois de saír preso
el estaba enfermo
miña avoa traballou ata rebentar e a súa filla, maior que a miña nai,
pero menor que américa serviu en todas as casas dos ricos do lugar
miña nai tivo cinco fillos
tres fillas
dous fillos
antes de comezar a perder a memoria dicía que non quería ter tido ningún
os meus pais falaron e falan o galego
educáronme en español, entre aspas
desde hai xa moitos anos falo o galego con eles
a miña lingua materna é a esquizofrenia
a miña tia américa morreu e a miña nai díxomo na rúa do mercado,
na ponte, en ourense, cando voltaba dun festival celebrado en cáceres
no ano 97, o mítico womad
o meu avó estivera en cuba
exercendo, entre outros, de xornalista
o meu avó tiña un quiosco-libraría nos xardíns do bispo cesáreo
fronte a alameda en ourense
onde se reunían os de ateo, unha asociación de mestres
laicos e republicanos da cidade
saiu nunha lámina do xornal local por excelencia
ao carón do quiosco estaba a estatua de concepción arenal
agora está noutro lugar
o quiosco foi queimado ao comezar a guerra civil
e hai unha lenda que di que as cinzas foron depositadas
na porta da casa familiar
miña nai era unha cativiña cando meu avó pasou tres anos na cadea
condeando a morte
miña nai foi unha confinada
miña tia américa foi unha confinada
millóns de mulleres fóronse confinando
nun país onde pensar era moi perigoso
ao meu avó confinárono
e todo foron cárceres
e algúns son nostálxicos dos cárceres
e negan as execucións e os confinamentos
e non queren desenterrar os ósos
duros de rillar
maría barbeito quería unha educación
para que a miña tia américa nunca fora confinada
para que a miña nai nunca fora confianada
o meu avó deulles unha educación
para que a miña tia américa nunca fora confinada
para que a miña nai nunca fora confinada
unha miña irmá foi mestra
hai pouco que se xubilou
non a miña irmá pequena, non a irmá maior que quedou anos na aldea,
foi mestra case toda a vida en a coruña
onde reside
cando non está en ourense
ou na casa da aldea, confinada,
onde hai unha pésima conexión a internet
si viaxou a europa e a américa
pero quixo ter fillos mais non puido
non por nada divino
foi entón nai da miña nai
quizais algo do meu pai
aínda moi maior, a día de hoxe, meu pai case cóidase só
non hai moitos anos no xornal local de ourense
saía unha nova que me deixou fora de min
o que fora marido, o terratenente, da miña tia américa
despois de morto deixou nun galpón agochadas granadas
e otras armas que quedaron oxidadas e cheas de po
tiña medo que baixaran “os da guerrilla”
tiña medo que rescataran a américa
da súa cruel conquista.

Suxeitxs

As persoas estamos suxeitadas

neste mundo económicamente

dan igual as túas ideas

a xente que pasa fame non pode pensar

e a que pode pensar pensa

que pode pasar fame

dan igual as túas ideas

as accións que poñan en perigo

a túa suxeición económica

non as vas realizar

as verdadeiras accións que poñan en perigo

a túa suxeición económica

non as vas realizar

só realizas as que che poidan devolver esa suxeición

ti sábelo

eles e elas sábeno.

Rescate

“Me dijeron:

— O te subes al carro

o tendrás que empujarlo.

Ni me subí ni lo empujé.

Me senté en la cuneta

y alrededor de mí,

a su debido tiempo,

brotaron las amapolas.”

― Gloria Fuertes, Mujer de verso en pecho

 

Rescatemos o fandango e as baleas
e os golfiños na area pero aos golfos non
que non perece a pena
rescatemos sacrilexios anti-aritmética e alegría
aos presos e presas condenados de antemán
que non perece a pena
rescatemos sortilexios de mentira e de verdade
soliloquios e aos icebergs tinguidos de xirope
que non perece a pena
rescatemos ás boas faladurías e os libros do faiado
Ás noites de lúa chea e ata as linguas mortas
que non perece a pena
rescatemos a memoria proxectora do presente
aos visóns das súas gaiolas e ás leitugas da terra
que non perece a pena
Rescatemos á terra enteira e ao ar, aos ventos,
aos océanos, ao sol e ao espazo interestelar abofé
que non perece a pena
rescatemos ao merecedor da primavera, á luz
e a vida enteira, nun vaivén rescatemos á morte tamén
que non perece a pena.
Que non perece a pena e non a merece a falta de dioptrías
para aturar ás economías que agreden e aplanan
as nosas vidas que non perece a pena de tanto desastre
que non merece a pena seguir aturando
esta economía para tantos nociva
non rescatemos esta ruína de economía
que suxeitamos cos nosos brazos aos amos
e os seus cairos afiados succionan a nosa vida.

 

(Bonus track dunha cassette editada no 2013 co nome de Pigs and bolachas)

 

Para escoitar o bandcamp sen esta peza: https://pigsandbolachas.bandcamp.com