A maioría de pensamento que produzo é spam
aínda non sei como eliminalo a estas alturas
queda acumulado no buffer e non dou feito
pola noite a xestionalo converténdose en
pesadelos vertixinosos que xeneran de novo
unha morea de pensamento que a maioría é spam
que aínda non sei como eliminalo e a estas
alturas queda acumulado no buffer e non dou
feito a eliminalo converténdose en vertedoiro
de pesadelos que a maioría é spam de novo
converténdose pola noite e non dou feito co
pensamento a xestionalo no buffer a estas
alturas aínda a maioría de novo queda
acumulado converténdose en spam unha
morea de pensamento e non sei…