“Para Dann, Mamá queridísima parece tener tantas encarnaciones como Visnú: acá como un regazo marino, allá como un pecho/montaña, acullá como Poseidón, por cierto un macho. En resumen, que el lenguaje del turismo tiene éxito porque promete una regresión usualmente formulada como fantasía sexual. El biquini blanco de la chica de los anuncios evoca la virginidad; la literatura de viajes está repleta de representaciones mamarias como montañas, cúpulas de mezquitas e iglesias. Pero las glándulas mamarias no se limitan a esas apariciones convexas y aisladas; uno las encuentra también en todos los pasillos del supermercado mundial del consumo que evocara Baudrillard.”
Turismo de masas y modernidad: un enfoque sociológico (Julio Aramberri)

 

Non detesto a mobilidade ou a viaxe en si mesmas pero non me satisface en absoluto coñecer que pinta ten o macdollars de Berlín e toda a cultura rápida, como a comida, de subir, baixar, ir, voltar e ollar demasiadas cousas sen moito sentido máis que o de atoarse e asfixiarse de tanto que ver con só dous ollos. Ou compartir area e lata de sardiñas con rodas con milleiros de cordeiros máis, aínda que ás veces o teño feito e o fago. Tampouco viaxo ou viaxaría para ter que contar despois, ao meu regreso, amosando, ademáis, centos de fotos de monumentos ou outras atraccións turísticas do lugar, a onde me despracei, acumulando galóns e fantásticas experiencias xamais vividas polos comúns dos mortais. Non me congratularía nunca de viaxar milleiros de quilómetros en avión, por exemplo, por catro duros porque non me parece normal. Non é normal que poida facer iso a cantidade de humanidade que o fai. Non falemos xa do turismo cara o “terceiro mundo” e todos os privilexios e destrucción da nosa civilización a ese respecto.

 

O mundo está convertido nun grande parque temático e un dos países pu(n)teiros nese sentido é o estado español. Aquí véndese a deus e á súa nai para que veñan a vomitarnos e a mercar litronas ou auga mineral ao baixar dalgún cruceiro. Desfaise a costa e a montaña, ríos e mares para que todo luza no seu atuténtico esplendor. Mais todo isto, xa sabemos da moitos postos de traballo (sic, sic). Na Galiza o reclamo turístico máis importante está fundado por unha mentira ancestral, poderíase dicir, que é o camiño de Santiago e todas as connotación relixiosas que conleva coa súa carga de hipocrisía e falacia. Tamén se venden moitas gaitiñas e gaiteriñas nas tendas de souvenirs e resulta todo moi dinámico e espiritual entre o bocata de mortadela ou o arroz con lumbrigante. Ourense é unha cidade que quere basear o seu futuro no turismo a través de algo como o termalismo que ao meu parecer non debería albergar grandes masas porque penso que o primixenio do asunto non é para nada ese enfoque espectacular que pode facer que se reborden as charcas e que se lle quere imprimir, como ao resto de pretextos que se procuran en todo o mundo para que circule o capital humano e económico a través dese chamado turismo.

 

Resulta paradóxico e brutal que mentras millóns de persoas circulan polo mundo todos os días na procura de todo tipo de luxos existan outros millóns de persoas que non poden moverse e andan á procura de buscar refuxio debido ás guerras armamentísticas e climáticas que provoca “occidente” nos países “orientes” e de “abaixo”. Esta xente que o precisa non ten mobilidade. Está sendo sepultada en campos de concentración. (Agora cos pasaportes de vacinación imaxinádevos)

 

Hai quen dí que o nacionalismo cúrase viaxando. Eu non é que me considere nacionalista pero Hitler viaxou moito e non se lle curou para nada ese afán. Ao decorado/decorados e a quen os move tampouco se lle cura o afán de poñernos os prospectos de vacacións diante dos fuciños de lugares que están demasiado lonxe da vida real. Mobilizando masas inxentes de persoas que se estorban, de persoas que o estropean todo, natureza arrasada, contaminación arreo e moito mal humor que se disipa un pouco ao comprobar o cosmopolitas que logramos ser por uns días e o moito que comprendemos e coñecemos costumes e culturas cada vez máis semellantes entre si, durante ese curto período de tempo, case sempre, na lingua(s) do(s) imperio(s).

 

Os humanos estámonos convertindo ou somos xa unha plaga. O outro día lía un comentario nunha rede social (na mesma que coloquei este “artigo”) sobre uns corvos mariños que hai na miña cidade… “Que se eran dunha clase destrutiva… Que comían cinco ou seis quilos de peixe ao día etc” Eu corteime en contestar, non sei moi ben o por que. O dito que a verdadeira plaga somos nós e se ademáis adicámonos todos e todas a ser cosmopolitas para que existan moitos camareiras entón, cada vez máis, xunto con outras lacras, isto non vai poder continuar así, está claro. (Así foi e non se aprende) ?

 

Por certo, a idea de teletrasportación tamén me pareceu fatal sempre. Pódese estar nun lugar só e en todos á vez!?

 

2016 Alfonso Rguez