2
(política)
cando todo goberno cese
cando todas as plumas de anxo caian
canta agora ti
esa páxina en branco
(chus pato, carne de Leviatán)
arroxei e petou no banco de pedra
depositouse sobre o chan tan cheo de flores
esas que no fondo valen para tan pouco
e sabes? un can famento dará boa merenda
desta noz da miña gorxa
xa farta de berrar.
logo lancei nun golpe de sorte o cinceiro
dado a volta e recén lavado con auga de billa
despedínme das gatas e saín correndo
pero no ascensor estaban os nenos de venus
e tiñan prioridade
ao final chegoume á vez
e baixei calmo cara o río
cara o meu destino consciente ou inconsciente
e baixo a cheminea de ladrillo laranxa
por riba dun banco e outro banco
enriba miña unha señora quería saír de alí
cría que non había saída
indiqueille
indicoume o sumidoiro
prendín un cigarro
un rapaz todo de negro viña directo cara min
cubrínme co disfraz que todos empregamos
nestes días
o lugar marxinal moi marxinal
o sumidoiro moi especial
soaba a auga
valados amarelos cortando camiños
por eses lares tan atraíntes
ultimamente para min
fotografiei a herba
non por min senón pola cámara
que ás veces ten poderes
como o meu ordeñador
e indican o que teño que facer
ou me dan alertas
e non estou valado amarelo
nin valado azul
a cámara fixo unha ráfaga
de ao menos vinte fotos
sei que a ti non che fai gracia
que che conte estas cousas
pois alí no banco sentado
e un banco riba miña
e despois do tipo de negro
apareceu un tipo
que había moitos anos
que non vía e que ti coñeces ben
na casa de atrás dos espellos
percibín a palabra imposible
e lembreime do cadro do estudo
da nosa casa
ese tipo que coñeces
vin que transportaba
unha bolsa e non de polvoróns
ía completamente traxeado
pero dunha maneira moi absurda
de branco-beige
e o incríble é que lle fixo gracia
verme e saudoume
fun á terra media a continuación
a dos mundo dos soños
e saiu o sol na miña cervexa
negra e portuguesa
cun copo de cristal galego
tamén brillaron os aperitivos
adorados e laranxas
comín con fame dous dourados
non sei se serían feitos ao forno
ao forno de adobe estupefacto
a leria dos fornos
a leira das carboneiras
os carbóns nas caldeiras
os cemiterios
as flores
e as lobotomías para flores
ao mastigalos dinme de conta
de que catro homes estaban
nunha terraza da terra media
falando seriamente
xúroche que coñecía a ún deles
de ollalo na caixa negra?
un director de cousas ou algo así?
fíxenme a un lado polo do restrictivo
e baixo unha árbore noviña
que ignorante de min non coñezo nome
fumei
os homes marcharon
o sol foi a menos
despois a máis
coma todos estes días
rematei coa negra ou preta
e pillei no estanco fidelidade
despois de terche feito estragamentos
cando marcharas arroibada
cara á capital
eu cagara
e, como digo, marcharas
despois saiu o sol outra vez
e puxen a radio outra vez
algo ocorre que non teño nin idea do que é?