Hai cáseque un ano
que non verquía mentiras
mentras retracto e recaigo
no entreacto e a escritorrea
ou escrotorrea doada e paulatina
amodo vaise introducindo a voz
no meu interior e gaño peso
ou iso penso sen ollar ao carón
ollo máis ben caras desprovistas
das súas gomas e lentes intactas
os pés apurando os pasos
eu non me documento nin inxiro
letras analóxicas
non releo nin penso tenramente
nin sequera carniceiramente
o que debería propor nos cadernos
desta mongolia miña
saltan faíscas na cinta gravada dun vinilo
e soan todos os reloxos posibles
nesta hora fatídica na cassette de pink floyd
transcendendo en abisal
peixes abaixo delirios e abismos
subsanados por esa química antropofáxica
que resulta máis ben esofáxica
por razóns que non importan demasiado en europa
pinchei o calamar coa troika e ao deglutilo
case entro en delirio por antonomasia
logo cortei co coitado fmi o bistec de miñoca
e chegados ata aquí desenrrédase a impostura
de quen non viviu e non ten esperanza
nin sequera paciencia para consultar
diccionarios e abecedarios, prensa occidental
e banda deseñada iemení
polo menos existen bandcamps xordanos
de psicodelia, funk e punk
aos que non accedo por unha grande miopía
pola miña parte
e polas miñas partes podería sacudir ou
enarbolar algún tipo de trapo de cores
mais as maniotas e as esperanzas
impídenme ver coas dioptrías suficientes
significantes e expectativas que vaian
máis alá de sereas ultranzas
e apagados soños de dormideira
baixo a almofada gardo a dentadura
que coloco no sobaco no mencer primeiro
e saio á rúa a facerme o sentimental
con sidra e estralantes, un paquete de imperdibles
catro bastóns de oídos no peto da casaca
e vermellos cordóns nas zapatillas depresa
así procuro money nas zarzas das árbores
súbome ás leanas e as leoas
merodean polo pantano facéndose acenos
subo as cellas ata tombar a caspa
e o mar negro quédame nos pes
ata que calendario desfago o martes
empurro ao dromedario e súbome
na chepa dalgún anano de cartón pedra
fermoso o alento de eucalipto
que segrego polos poros sen sentido
aparente máis que orballo no cristal
orneo en estéreo e brinco en espiral
foxo polos labirintos da miña imaxinación
e rencóntrome con destinos inexistentes
agás nos escaparates e nas lúas
embriagadoras de desperacións sincopadas
o órgano soa e todos rezan amodo
suspiro divino, ela moldea, hai luces acesas
o son do saxofón pode ser menstrual ou parcial
nos anos oitenta eu aínda non chegara aos vinte
pero xa podía discernir entre o vó dun cisne
o vó do espírito santo, a santísima trindade
e o bo do cura do barrio. Iso cría, ao menos.