Colaxe de montañas e ceo no horizonte

manchas de nube e manchas nos meus ollos

de fitar para o poliedro de cristal fulgurante

verde vertixinoso augas de todo tipo

tomar unha casa isolagada de cascallos

romper as unllas do pés contra os vórtices

estirarse na ventá sen marco

como os cadros con formas, cores e texturas

inconscientes do seu propio pasado, presente e futuro

tomar un grolo de cervexa negra

emerxe o sexo ata tocar o botón

prémeo e nucléao ata tocar fondo

na piscina destapa o tapón

e que se vaia todo o cloro para os ollos

cansos de ver horizontes e cousas anteriores.