A paranoia que trasloce os meus ollos
neste inferno acomodaticio de inverno enlatado
con papel de celofán… Non quero augurios
meteoritos ou sabas usadas de onte
cando non quixen facer o que non tiña que facer
e logo erguínme e atrapei unha mosca no meu corazón
e fixo bzzzzz e saíume pola orella esquerda
camiñei bracéei reptéei saltei asoballei queimei
unha china de haxix e tupínme o nariz.
A todo isto unha bolboreta brillaba cunha luz espectral
fabricando neuronas no val pantasmal
e de súpeto oín a luz que xa tardaba en saír
ata que emerxeu o sorriso baleirado de pentagramas
e os alaridos dos veciños xa non son o que eran
porque se quedan sen cordas vogais.
Vogais e consoantes forman o abecedario maligno
do turrón deste nadal turrón de cemento formigoneira
de mandriles monos sudados e leitugas impías
como as miñas enxivias e as cordas da guitarra
que soan neste intre ata que se van calando
mergullando os sons nas paredes interiores
da paz.