hai xente que precisa
unha pistola
hai xente que precisa gumes
ou cores chamativas
ou inadvertidas
logo hai xente que só vé
algúnhas cores ou unha só
como explicar o teatro?
nin sequera ao teu corazón
aos nosos cerebros
como esta sociedade
cómenos co medo?
e cando non o temos
dámolo
como somos controlados?
como somos escravizados?
por lentellas e chucherías
como pechan as billas!
algunhas…
porque outras ábrenas
como o meu escrito
tórcese no papel pola química
antes de tentar durmir
cousa que conquerín!
como che van situar nun mapa
a terra é enteira para nós
e para vós e para aqueles
e aquelas e outras e outros
como se merca todo?
co vil metal!
que nace nas pedras
cálculos de ril
provocados por auga
infestada de contaminación
para que porco ou polo?
para traballar!
e mercar máis porco
e máis polo
por que agulla?
para tenreiros
e algunhas tenreiras?
por que roubar
o leite ás vacas
se son sagradas
por que inutilizar
o amor
o sexo
só estimular
para producir
como nos enfrontan
entre nós
entre vós
para competir
somo sementan
coñecementos a mansalva
informacións a mansalva
para competir
os campións da profundidade
coma no deporte
rei é o fútbol
ata que o fútbol non desapareza
haberá monarquía(s)
ata que a liga non desapareza
existirá a banca de voitres
que nunca entran na cadea
e se entran saen
coa porta xiratoria
do branqueo dos cartos beeeeeee
como suben e baixan o caudal
do río
e matan gatas sen sombra
e cans cegos e xordos
como as camelias
non son conscientes
de que foron fabricadas
nalgunha empresa
que se fai a sueca
do país onde comezou
o nazismo
e agora venden repúblicas
de felpudo
onde limpar os virus
despois de vendimar?
e comer ostras
e atoarse coa pérola
e tragar o discurso
patriarcal, social, mainstrinj
por moi alternativa que sexas
non dar créditos ás hienas
ou aos golfiños, ou aos lobos
aos xabaríns, aos cogomelos
ou aos páxaros e páxaras
e si dar crédito
ao agasallo do camelo
ou polo menos asumido
non rebelarse!
e non deixar que se rebelen!
Nin que se revelen
ser controladxs por dicir
a verdade ou polo menos as nosas verdades
por familia(s)
moitas delas horrendas
enchidas de tabús
e pedagoxía negra
enfurecerse ao escoitar
todo isto porque…
no teu taxi, no teu ordeñador
na túa televisión, no teu xornal
na misa do galo negro
ou nas seitas
nos vídeo xogos
e nos bares
machácante con cóvado
orella de porco
lingua de rata
verme morto
suor e estrabismo
todo polas doses
polas pantallas
de todas as cores
polas carteiras
os móbiles
que son pistolas!
a paz social
que é unha mentira
é unha falacia
igual que a lei e a orde
no fondo estamos en guerra
nunha guerra eterna
e desproporcionada
e moitxs non o saben
e xs que o saben
ou non se deciden
pasar a acción
ou silencian
ou delatan
manipulan
ou folla de lata
ou cresta afiada
nilhismo salvaxe
e pallasadas
con pólvora
estralantes
querer infundir medo
con salvaxadas
non me gusta a pólvora
asusta as animais
e todas as flores murchan
antes de ser, moitas,
lobotomizadas
xa non me fai gracia
o martiño peixeiro
nin a garza, a gaivota,
a tartaruga, o visón
e as súas raposas
todos e todas
comen merda do amo
a integridade é pecado
pensar por ti mesma é pecado
dicir o que pensas é pecado
e facer o que pensas e dis
é o suicidio social
eu nunca me quixen suicidar
a grande mentira de pinocho
eu quería escapar
porque ao fin descubrira
o fedor
xs que vivimos xuntas
non cheiramos moi ben tampouco
pero no fondo, aínda moi abaixo
respectámonos e querémonos
e corre aire cando ten que correr
e non hai peche
e en moitas cousas facemos
o que nos vén en gana
a un neno consentido
non se lle practican electrochoques
nin comas inducidos
a un neno consentido
déixalle escoller o seu mapa
non se lle sinala
non son monstro
non es monstra
non sodes monstras
ou si?
son eles e elas
por moito platón de lentellas e revisións contemporáneas
non son nada negativo
que non o sexas ti
e ninguén che ten que dicir
o que tes que dicir
o que tedes que dicir
o que tes que facer
o que tedes que facer
decepcionar é un pracer
e deberon sentir moito pracer
porque a min decepcionáronme
e decepcionan unha e outra vez
os da miña prole, os de moitas proles
o o puto patriarcado o puto matriarcado!
sinto vergoña cando abro a porta
sinto vergoña cando vou por alimento
e sinto vergoña de min mesm@
por non incendiar esa casa
onde me abandonastes
de non ir rendir contas
ao lugar onde fun torturado
ata a extenuación
non podo esquecer, meu amor
non o podedes comprender
pensas que ese charquiño roxo
ou a pedra no teu lombo
son pesadas mais non
limpado, limpástelo
nunca me liberarei
senón vos liberades vós
senón depositades todo o que sentides
e pensades nas súas putas alfombras
a min matáronme. estou morto
e queren seguir matándome ata o infinito!