Seguir escribindo versos
pensamentos incendiarios
por mor dos incendios
de arredor
que máis se pode facer
senón emitir algo
que non sexa só silencio
algo que altere
esta soedade
repleta de guerras
polos catro costados
xa está ben
non podemos vivir
neste caos
permanente
este nilhismo civilizatorio
voltar ao estado salvaxe
onde estemos libres
de pulsións mortuorias
espidos de novo
nunha praia do porvir
que esté chea de area
por onde camiñar
plenamente en paz
achegándonos ao mar
para mergullarnos
no refresco vital
que remate
co inferno
no que vivimos.
O sol na gorxa
hai unha radio no fondo
e remataron os noticeiros
case silencio
é hora de descanso
para moitas
hora de voltar ao tallo
moscas turbadoras máis alá
cortando herba
cortando a esperanza
pásanse algúns a súa morte
danando vilmente
ata a extenuación humana
deberíamos desertar
deste mundo terrible
saírnos pola tanxente
botarnos monte abaixo
ou monte arriba
cuspir con forza
sobre a terra
para humedecela aínda máis
e pisar forte
cos nosos pés
cansos de inmobilidade
permanente
ollar ao ceo
e albiscar de novo as estrelas
fugaces ou non
intervir na mentira
domesticando os bulos
preparando a rabia
para que saia
por algún lado
que non sexa nós mesmos
arroutar
con tanta forza
que caian de medo
todos eses mísiles
empalmados
de viagra
fascista!
Cada un co seu monólogo
coa súa festa particular
e mentras ao unísono
vannos mortificando máis
cada un na súa colmea
no seu bar
coa súa endogamia particular
o mundo propio sempre é o millor
que dicían por aí
cada un reivindicando identidades
que xa non teñen sentido
neste mundo sen igual
cada un resistíndose no cansanzo
resístindose ao amor
arrastrándose coa cabeza baixa
sen mirarnos aos ollos e comprender
que debemos conxugar
dunha vez
desconectar dunha vez
desarmarnos dunha vez
dunha vez
e xuntarnos dunha vez
para parar dunha vez
o despropósito de mundo
que non dá parado
dunha vez.
Teño dúas pernas e dous brazos
mais non avanzo
demasiado
nin de pé
nin a catro patas
quédome inmóbil
no intre
que boquexa o gato
vexo á xente na rúa
nun día que non chove
mais non vai sol
movéndose non sei
moi ben a onde
a música non me acompaña
e o meu corazón
xa palpita demasiado
arelando a acción
que non dá chegado
onte estaban borrando
unha pintada
contra o establecido
eu ollaba pola fiestra
como a censura
facía acto de presenza
pola noite descubrimos
máis pintadas
que seguramente
serán borradas
igualmente
nestes tempos
de censura
nestes tempos
ruíns de verdade
onde non se censura
ao horror
ao poder
á dominación
á lei do máis forte
que impera con toda
a súa lei
penso que moitxs
estamos inmóbiles
e non avanzamos
non damos
pasos ao fronte
para facer
algo que non sexa
boquexar coma o gato
a música non nos acompaña
acompáñanos o ruído
infernal da odiosa guerra
que impera con toda
a súa lei…
a lei do máis forte!