O paso do tempo

delicadamente ou en desmesura

pón o sol na chepa

e concentra os amarres internos

a liberdade da que se fala

non é nin siquer un conto chinés

trexes manexes enredes e suor

voltamos ao lugar ao principio e todo é soño

como xa repetían nas caldeiras os carbóns.

Hoxe podes ás veces camiñar en liña recta

máis só poderás ver fotogramas de

velocidade sen asimilar esencias

só imaxes só imaxes

slogans entrecruzados que se misturan

entre a publicidade a política o fútbol.

Cando nos atopamos con incautos

bombardeamos ou somos bombardeados

a moreas con esa mesma velocidade

de non sentir máis que suor e estrabismo.

Como vou ler todos eses libros, cres que teño tempo?

como vou escoitar toda esa música e coñecela?

como vou visionar todos os filmes

que recomendas con teledesgraza?

Non cres que sería millor regar catro

prantiñas e velas crecer

mentras, podemos mirar como moito unha nube

que esperas de min no terreo laboral?

Ti és un home realmente ocupado

enches a túa vida de caras e papeis que

non lés e non coñeces e completas os ocos

para que non exista atisbo de horror.

Sinto todo o terror condensado nun

baleiro inmenso mais non rendir contas

a ninguén é a pouca liberdade que obteño

os límites duns e doutros son inexpugnables

dá igual forma ou lugar.

A educación castrounos moi cedo e só podemos soñar

coma os carbóns nas caldeiras.