Paraxes indefinicións pai
artiluxios sen montaña
caín figueira abaixo
mais non me cortaron as mans
teño os ollos enfermos
de ollar ao pasado
a miña pixa arela o futuro
e mentras oigo os berros de alegría
ou ledicia
sinto baleiro fondo
con trompetas

 

As moas xa gastadas
a dor de piano
nas agulliñas da fame do serán
son comezos de outono
as follas roxas coroan as árbores
do parque que non é ecuestre
salvador está en cuba
libre me sinto cando camiño só
con calambres e terror de fondo

 

coitus interruptus
ralladura de limón
vexiga implosionada
e desacordes desarrítmicos
tanto que doe o prazo de entrega

 

os xenerais
capitáns coroneis
sarxentos e tenentes
e cabos rasos
e o raso e a puntilla
dos ovos tanto me ten
ténme tanto ao carón
do lado do triángulo
que case durmo sen ganas
de bufón de xelado

 

estaba na lúa case todo o día
era un día lunar
aquel que me saiu no lombo

 

haikús de andar por casa
con pantuflas sen abecedarios
non anglosaxóns non bascos
case parlantes de berros
de bolboretas ambrosía

 

descachalotes e cavernas
romperon xeos implacables
de invertebrados con caluga
altibaixa e azul
de ollos multidisciplinarios
andando rápido
chégase a todas partes

 

case non vin esa expresión
one two tres bildu
gana en nafarroa e
evaristo páramos nos dicía
que odiaba aos partidos
pero bebe estrella o,o
que semella os ollos do moucho
bravo como o xabarín
que nos fai máxicos
gonzález
e fillas

 

deus está en todos nós
na cabeceira da cama
nas guerras de antano
na biblia
no conservatorio
e nas algas nori
no borrreguiño ou cordeiriño
degolado e no espírito santo
das pombas que morren
lerdas nas estradas
sen pintar

 

pan e portazos no piso de enriba
anos pasados en fotos dixitais
e ronroneos de gatas
gatas en celo que rezuman
divinidade polas patas
e polos bigotes

 

que máis dá o que lin
o outro día se xa esquecín
os diálogos daquel filme
de fellini e felinos
de félix rodríguez de
la fuente ao cántaro
hai tres pasos
e gran wyoming
representante da dinastía
china polvorienta e
famenta de dólares musulmáns

 

pasar de páxina e
case instaurarte no pasado
enchendo os pulmóns de aceiro
inoxidable e verxas horrendas
que denostan a mancha
de sangue da cruz vermella
e a lúa amarela de noite
vella

 

escadas abaixo
asubían os galgos
con partidas de a dobres

 

dobres e cuartos son só pesos
que hai que erguer esta
mañá cruel de agonías bastardas

 

xa veu o gato a querer meter
a pata nos meus asuntos
de antano o tapón destapado
e unha copa que se verte
polo vater de función
renal antropomórfica e
pratos sucios que nunca

 

estírase o gato e ronronea
e xoga co fío negro
mentras eu rosa vergoñento

 

acordes que se estiran e que se
encollen como a pel flexible
do mapa de españa
saúde de tablatura de
chocolate inverso de noutrora

 

FIN