Camiñar entre sobreiras

destaponarse os oídos

ollar para o camiño

parar e observar

adiante e atrás

e ver tamén os pés

fronte unha pedra

nin o suficientemente pequena

para patexala

nin o suficientemente grande

para non poder sorteala

alzar a cabeza

e ver sesenta estelas

de avións pasados

anchas coma raias de tigre

e outras quince

finas como agullas prateadas

avanzando no baleiro

cravándose nos meus riles

o frío deste inverno.