Unha esquizofrénica e un neno
por que é tan terrible o voo da bolboreta?
Unha esquizofrénica e unha nena
por que é tan elevado o voo do voitre?
Un esquizofrénico e unha nena
por que é tan veloz o voo do cabaliño do demo?
Un esquizofrénico e un neno
por que é tan pesado o voo da vacaloura?
Unha esquizofrénica e unha esquizofrénica
por que é tan fugaz o voo do martiño pescador?
Un neno e un neno
por que é tan obsesivo o voo da mosca?
Unha nena e unha nena
por que é tan literal o voo da xoaniña?
Un esquizofrénico e un esquizofrénico
por que é tan en bandada o voo dos estorniños?
Un neno e unha nena esquizofrénicos
por que é tan cargado de significado o voo das abellas?
Sociedade esquizofrénica
por que está tan cargado de racimos o voo do pterodáctilo?