MERCA DÉBEDA
Merca débeda, mercachifles, merca a señora, merca o señor, merca o inmigrante, merca máis. Os mercados queren imprimir papel virtual, a prima de risco non é curmá de Blanco Amor, chistes malos nos tempos malos, nos tempos malos de crises acuciantes que sobrevoan as cidades dos desamparos dos mercados, medievais e sen medievalizar. Bolsas de supermercados e bolsas de hipermercados para botar o lixo para acarretar os consumos, consumos de bolsas. A bolsa de New York non leva xamón de York nin sequera fariña de autoconsumo. As bolsas do mundo rondan os intereses que máis conveñen. Voitres de altas miras rillan o lixo que introducimos nos contedores despois de teres gastado os soldos en fiames doutros mundos que están neste. Especulación e barbarie allea e propiamente dita nos telexornais da telelixo que impera neste magno imperio de cartos inxectados nas veas dos nosos ollos que disfrutan os magnates de crús e viscosos derivados de petróleos infumables que se inflaman en guerras abertas e pechadas. Os bancos están pechados por tabliñas de madeira polo que corre moito ar e hai que colocar os cartóns de maneira proporcional nos bingos e casinos das ruletas deste mundo inzado de burbullas inmobiliarias e enerxéticas. Catacrack rompen os parquets e temos que pagar a madeira e o barniz para que sigan xogando ao baloncesto por todo o glober trotter do universo. Súbense os soldos soldando ao persoal ao que lle retiran empregos, casas e dignidades. Proseguimos co telelixo consumindo anuncios de cervexas e aseguradoras. A hiperactividade é a razón deste xogo competitivo onde por catro duros vendemos a nosa avoa, aferrámonos ao estilo dominante crendo ser insalvable o abismo que nos depararía desertar da súa vida. Vida-morte feita prisión castigo exemplar por querer levar galóns e provisións. Non hai que facerlle, dín, isto é o que hai, dín, millóns de seres humanos condenados á pobreza real para que no noso mundo de plástico e formigón siga habendo camións que despracen por autobías as mercadorías consentidas deste espectáculo de abundancia de mentira. E tira, tira a comida convertida en putrefacción, envasada con petróleo e caixas de cartón. Queima a túa rutina no sistema social de seguridade ou no sistema de seguridade social ao enfermar de paixón capitalista. A distribución relacional é desigual, a distribución económica é desigual. Millóns de cachibaches inundan o sol desta abundancia inoperante. O amor non se compra aínda que consideren que si. A saúde tampouco. Liñas de fuga tópanse co cemento máis completo e o control sistémico introducido nos nosos petos e abecedarios é brutalmente aillante e absorbente á vez. Secos os cerebros non nos podemos duchar que non sexa coa súa auga e que non sexa coa súa enerxía. Súa enerxía pagada por todos nós, súa bolsa de fariña pagada por todos nós, seu sistema esclavista pagado por todos nós, súa reclusión proxectada en nós pagada por todos nós. Emprégannos en todo tipo de quefaceres para inflar as súas bolsas e lixos e despois co recadado pagamos mercando o que eles nos venden das súas bolsas e lixos. Así é o bucle infinito polo que lle otorgamos o poder de ter, o poder e vivir no poder, o poder de ter poder sobre nós e os nosos actos, o poder de mercar ou vender, o poder de facernos crer que vivimos igual, o poder de facernos crer que podemos chegar a cen coma eles, a miles coma eles, a millóns coma eles…Despois están as súas armas, as súas guerras pedagóxicas, os inimigos, a policía e a súa xustiza defendendo o que alcuman coma progreso. Progreso de destrucción e medo inculcado á poboación enteira para que non deixen de soplar e soplar nos alcoholímetros dos seus coellos de plástico inflador de bolsas e dividendos e multiplicandos e sumandos. E sumando e sumando van creando asfalto e destruíndo campos e devastando árbores e vida, restando vida no globo enteiro. Matando de fame, subvertindo o ar e aniquilando o mar. Modificando o tempo. Crénse deuses, derivaron científicamente nisto, apelando á ciencia están tecendo a mortalla para a terra a base de bolsas de plastico, de desertos, de enfermidades do novo milenio. Caos e desarmonía descreadora. Non son deuses son pitufos arrogantes con colorantes e con conservantes con ínfulas de todopoderosos. Caerán coma ti e coma min ao chan inflamado e no seu costado as pedras co chapapote da súa civilización non nos doeran somentes a nós.
3 Comentários:
Direstamente a revolver as tripas..En que merda de mundo nos tocou vivir...mais houbo algún tempo millor?
era eu, benito
aguanta minux
Postar um comentário
Assinar Postar comentários [Atom]
<< Início