SUPERMARKET
Non só ía moito moito frío senón que cando puxo os pés na rúa déuse de conta de que chovía. Se chovera ás sete da mañá dese día nevaría xa que a esas horas a cidade estaba a baixo tres graos. Mais eran ás dezasete e vinte, polo seu reloxo vital, e os termómetros non estaban baixo cero. Iso sí facía, igualmente, un frío de mil demos e ademáis, como digo, chovía. El levaba unha trenca de pana e bufanda vermella. Non lle apetecía subir de novo a casa nin polo paraugas nin polo chuvasqueiro porque tiña moita preguiza dese tipo de cousas. Ademáis tiña que subir ata o terceiro andar e sen ascensor por iso desbotaba totalmente a idea. Ao mesmo tempo cagábase no innomeable por recibir esas puntiagudas gotiñas xélidas que non só o empapaban a el senón a súa trenca de pana. A cal non estaba deseñada para recibir ese tipo de material líquido nos seus tecidos.Foi a paso apresurado ao supermercado do barrio, ben, a ún dos supermercados do barrio, e cando chegou a el, que estaba nunha rúa paralela á que vivía, pois levóuse outro chasco grande co que non contaba, e é que o dito supermercado estaba pechado. Que paradoxa, xa noite case, e o super sen abrir. Xa non lembraba que ese supermercado abría ás cinco e media e cando preguntou a hora a un individuo que pasaba por diante del, este contestou que eran ás cinco e vinte. O seu reloxo vital e o reloxo do viandante estaban algo desfasados, uns cinco minutos, porque estivo agardando para preguntar a hora alí plantificado varios minutos ata que o fixo. Despois veu un vello e tamén se quedou a agardar a que abriran. O noso amigo prendeu un pito e un rapaz que pasaba apresurado detéuse e pedíulle outro para el. Un minuto antes outro rapaz migrante pedíralle un euro. O noso amigo pensou para el que se estaba na rúa tan pouco tempo ao día como era posible que tanta xente lle pedira tantas cousas?. Definitivamente estábamos en tempos de crise.
Despois chegaron dúas mulleres negras latinas e tamén se levaron unha sorpresa ao estar o super pechado. O home pensaba ensimismado e pasou un tipo un pouco estrano con unha lata de cervexa na man, segundo cruzou a beirarúa abriu a lata e o son característico resonou, incluso, por riba dos carros que pasaban. Despois o tipo perdéuse entre un grolo polo curruncho da rúa e unha ambulancia que estaba aparcada diante do noso amigo arrincou e fóise rúa arriba.
O home tamén viu a un señor cunhas barbas moi grandes manexando o seu vehículo con cara de poucos amigos e tamén era consciente de cómo a escuridade comezaba isolagar todo. De súpeto saiu un empregado do supermercado e abriu as persianas. Dentro estaban renovando unha caixa, poñéndolle unha pantalla e un mecanismo novo. Tecnoloxía do novo milenio. O noso amigo que xa había un chisco tirara a súa cabicha entrou no establecimento, por fin, e comezou a consumir consumibles nesta sociedade de consumo onde xa non se vai de caza nin se recolecta nada senón que todo o serven en bandexa… pero ten un prezo. O prezo é en metálico e metálicos somos todos no xardín botánico cheo de cinza e borralla. Cada vez máis escaso e arrodeados das bandexas-lixo que sobran dos supermercados. E os supermercados son os que dictan as políticas de espanto desta sociedade en crise.
O noso amigo regresa a casa ordena as cousas en neveira e despensas. Arroxa varios plásticos ao lixo da súa casa. Volve para o seu estudo onde está o seu computador e escribe esta historia sen plusvalía.
2 Comentários:
http://www.editoriallucina.es/cms/agustin-garcia-calvo/archivos-orales/conferencias-recitales/agustin-garcia-calvo-en-la-puerta-del-sol.html
Tes aljo abandoado iste desmundo ...saúdos. benito
Postar um comentário
Assinar Postar comentários [Atom]
<< Início