O ESCRITOR
O escritor alzou o cigarroDeixou de escribir
Xa non era escritor
Non sabía se ao pousar
O cigarro no cinzeiro
Volvería escribir
E polo tanto ser escritor
Comezar, rematar, ponto
Final ou seguido?
Decidiu pasar á acción
Mais non sabía como
Se remendando floreiros
Cuspindo cerbatanas
Arañando a auga
Cantando ladrillos
Contando diluvios
Ou esbarando pola luz
Meditou e colleu o lápiz
Non era virtual
Era grafito
E sen gramófono nin altavoz
Sen semáforo nin dimensión
Comezou escribir de novo
E como de vello xa tivera
Un presaxio azul mariño
Escribiu sobre o mar
O mar de dúbedas que o asaltaban
Tempo atrás
Mais que agora non o asaltaban
Nin levando millóns nos petos
E preguntóuse o por que?
Mentras redactaba o seu informe
Todo lle parecía plano
Sen dimensións nin altiplanos
Plans tampouco tiña
Máis alá do seu próximo cigarro
Co cal deixaría de ser escritor de novo
Proseguiu coa redacción
E redactou letras de sopa boba
Optimismos con bandeiras
Loucuras de abecedarios
Metáforas insumisas
Abarrotadas de bés e uves
E noitébregas desposesións
Era redactor xefe da súa existencia
Da súa existencia arraigada á escritura
Unha escritura rauda, envolvinte, blanda e atroz
Cabalgaba ao lombo da súa imaxinación
Ás veces enferma e ofuscada
Pero reiterando unha e outra vez
Esa procura de novas dúbedas
Que o relancen cara as interrogantes
As exclamacións e os pontos suspensivos
Aprobando unhas liñas e tachando outras
Ao seu paso polo lugar redactado
Anteriormente xa escribira moitas veces
E moitas cousas
Pero isto era diferente
Quería envelenar o papel
Sacar o garfo a pasear
Trousar alegrías incontidas
E manxares apodrecidos dentro do seu ser
Chegaría á páxina quince do calendario
Relería o abecedario caerían outonos
Cobardías e serenamente guindaría o lápiz á fogueira
Prendería un novo cigarro
E novamente
O escritor alzou o cigarro
Deixou de escribir
Nun bucle infinito
Na procura dun novo naufraxio
Que o reflote de novo.