CIGARROS
Uns cigarros enriba da mesa, unha gata rondando as pernas e as zapatillas usadas arrastrando o chan. Cortocircuito na miña cabeza, nin paxaros nin noutra parte senón nesa viaxe inmunda polo mundo limbo sucedáneo de fresa sen carne nin vexetais. Iracundo pero como quen non quere a cousa e fronte acesa pero limitada de verxas e aranceis tanto como para repetir versos de novo e de novo chove neste maio ilimitado de invernos e preguiza. Coma unha semana santa eterna de gases e cobiza por acadar algo moi humilde e primordial. Algo así coma ter agarrada a estreliña polas puntas, a guía da miña soedade que marchou xa vai anos e renega de min.Camiño pola única dirección, un corredor ancho e curto que me transporta das ondas hercianas a unha pantalla onde se vé reducida a miña instancia nestes cubiculos conformantes da casa que engole o fume e as miñas vértebras e succiona os elementos dándolle forma de cansanzo brando, de vontades quebradas de creatividade esfamiada. En fin da brutalidade da nada e nada, nado neste buque mercante sobre mares en calma. Con chicha sen salsa, eructos e peidos. Medicacións varias. Alleo ás horas, mareo na instancia. Sobrepaso estancias e só vexo distancias afonando afonías na miña mente a raudais desmemoriada, inactiva somentes preparada para a suma de espantos.
Oigo gotas de chuvia e chíos de paxaros, ruidos no edificio, e as miñas tripas a ratos. Estou afumado e entrecortado balbuceo para os meus adentros obtendo a orquestra dos soños todas as mañás nas que non me esperto. Sustos diarios anoto nos calendarios e xa non agardo nada para os veráns. Acaso padecerei de lingua rota ou músculos fraccionados neste futuro incerto. Que futuro digo. Non o vexo por ningures. Non arrecende a pelexas. Pescozo entumecido, maniotas e pinchazos doentes por todo o corpo e a ialma. Como lamento que produzo risas e chantos nos máis profundos pulmóns e abecedarios.
Agora estou aquí escribindo, matinando ou maniando maniatado sen sorber a sopa boba coma un ganso no estival coma un elefante barritando sen igual porque non lle chega a hora de acabar cunha vida sen igual. Sen igual é a miña vida. Treboento sen trompeta sen himnos nin alalás, surfeando polos decenios de montañas e do val. Valparaíso sobra e falta un itsmo, un simio, un octavo e plural. Os comepipas non me van eu fumo cigarros todo o día e o fume ocúpao todo, o fume tobogán de luz en día, de noite pesadelo. Arrepíos, arrepíos cantan os paxariños polo que xa é a hora e unha rapaza nun idioma estrano berrea nas escaleiras do edificio. Choromiquea, sube e baixa. Eu subo e baixo todos os días do ano tamén, ata a saciedade de ben, ata a saciedade de mal. E farto do loito-carnaval reivindico o entroido nugallán. Cando diversión? Cando sortear a muralla insondable do meu peito alacrán?
Amodo non conduzo. Introdúzome no chan para acomodarme e ir algunha outra parte. Sen alfombra voadora mais rebozado de pelos de gatas. Gatas presentes que están ausentes. Gatas con uñas, gatas con dentes. Gatas con pelo e con bigotes. Gatas con botas. Levo as zapatillas planeadoras domésticas gasosas que bailan ás veces ao ritmo de guitarras quentes.
Que pouco brillo, que pouco desafío no camiño que marco, no camiño que marcan. A estas horas ela está procreando, protocreando, anticreando ou creando a secas o caso é que está alá. Lonxe mais non tanto. O suficiente para non estar mais dín que ten que ser así. Desconexión da redacción. Chamada de Pontevedra, voz latinoamericana preguntando por Rebeca Varela. Pregunto, “pregunta por ela”. Colgan o aparato. Reanudación. Por onde íamos? Si que ten que ser así. Ademáis non teño traballo porque son alpinista. Ando arrastras pero son alpinista. Que contrariedade non comer chocolate suizo porque son alpinista en paro. En paro obreiro. En el paro obrero.
0 Comentários:
Postar um comentário
Assinar Postar comentários [Atom]
<< Início