03/09/09

CEMITERIO

Neste cemiterio hai tumbas
Mais tamén hai flores
O meu cerebro parasitado
Arrecende a vento atlántico
As flores murchan
Mais se repoñen deseguida
E arrecenden de novo
Como o meu cerebro parasitado
Camiño amodo por entre as corredoiras
Deste cemiterio gris con tumbas e flores
Sorteo os furanchos e ocos na terra
Nesta terra desposuída de fame
Esa fame que si teñen os parásitos
Do meu cerebro en aberrante calma
Nunca fáise o día neste cemiterio
Resulta incríble a resistencia das flores
Que tardan en murchar riba das tumbas
Acomódome nunha delas
E a miña calor corporal
Desxea a pedra embobada de gris
O meu cerebro parasitado para
As ideas conxélanse
E non recoñezo o aroma das flores
Convulsiono e os espasmos
Fan renxer ao meu corpo sepultado
Fitando cos meus ollos as estrelas
Parece como se quixera emitir algún son
Que non fora incomprensible
As pétalas das flores voan
Co vento atlántico do meu cerebro parasitado
E coa miña lingua camaleónica
Atrápoas para engolilas
Con ánimo de renacer
Neste cemiterio con tumbas
Neste cemiterio con flores
Estigma de min.