30/03/09

BREOGÁN

Breogán e os seus amigos pisaban chatarra
Na noite de Breogán non había máis de dúas estrelas
As amigas de Breogán estaban agardando
Nunha fogueira de San Xoán queimando todo
Breogán e os seus amigos pisaban chatarra
Convivían en parques a golpe de porros
As porras da policía rulaban pola cidade
E Breogán tiña preparado un atentado
No seu fogar, o fogar de Breogán
Medían os pasos polas aceiras porcalleiras
Breogán e os seus amigos
Non facían grafittis porque non sabían
De iso encargábanse Xoán e os seus amigos
Breogán e os seus amigos tiñan móbiles
Cos que chamaban as súas amigas de lonxe
Na fogueira de San Xoán
Queimábanse veráns outonos invernos e primaveras
E non cansaban de agardar
Un día unha resurreción ao revés
Metíanse cos menores a eles
Breogán e os seus amigos
Cuspíanlle nos pés e pisábanos
Cos seus monopatíns cheos de lama
Breogán e os seus amigos pisaban chatarra
Polvo, madeira, gas e tronos
Camiñaban polo asfalto na noite de dúas estrelas
As demáis as roubaran as luces da cidade
E seguían pisando lama herba charcos espera
A que lles chegara a oportunidade
De fuxir da cidade pobo madrigueira
E pisaban chatarra con risas e cantos
Agardando ás amigas da fogueira
Coas que nunca terían fillos nin netos
Só roces só tetas só conas só cús
De sexo imprudente e compulsivo
Breogán e os seus amigos
Escribían rimas para a lúa
Breogán e os seus amigos pisaban chatarra.

16/03/09

DESITUADO

Estaba desituado de maneira espiral e contaba coas árbores e coas montañas (desta vez non da loucura)
Eran montañas que lembraban a Euskalherria aínda que eu/el nunca estivera alí, mais era capaz de imaxinalas. Como as montañas de Canadá co seu xeo impenetrable e as cataratas máis belas do novo mundo.
Escoitaba música el/eu e de novo tiña as orellas demasiado abertas e se desparramaba todo o cerumen polas sens e as meixelas. Cando sería o día que pernoctaría con libros de filosofía cuántica e nanointelixencia?. Abrumaba e correspondía a lúa con labirintos de mel e panais de abellas que deciden suicidarse para non facer o servizo militar obrigatorio.
Susto esperto/esperta e logo corre en multiples direccións; a saber, a da mentira, a da verdade, a da esclerose múltiple e a da esclerose divisoria. Como o mar divisorio entre a terra e o ceo que se encarga de facer tumbar as colunas do desparaíso. Calafriós e caloquentes baixan pola caluga onde se pode mudar a onomástica do castelo e propor unha serie de xente para que sexan sextercios e funcionarios do estado represor e reprimido ata o día do xuizo final. Sen oradores nin influíntes pergaminos de dor en causa.

Casa todo este cometido co sensabor da cociña de antes; policía quere policía e non se atreve a formularse unha ecuación de España a puta sen dentes nin maleficios que endiña a espada de Damocles e Barcelona. Alí el/eu tivemos unha intoxicación de goze exhausto e ao volar con hélices e ás, superamos a barreira do son, ai! non que os concordes xa non concordan e eran os únicos. Comentaremos ilusorias e leite mornos contra a discriminación dos cogumelos de insatisfación. Así sen cosmopolitismo nin ornamentos de suicidios sen rebentar.

O avión despegou e el/eu non nos despegamos do avión. O cigarro estaba aberto de pulmóns aceiro inoxidable e uns mutantes revisaron a equipaxe por se non levábamos camisas e calcetíns fora do normal era o que querían e dímonos por esquizofrénicos nese mesmo intre ao ser menos que a santísima trinidade pero máis que un só deus verdadeiro que é o diñeiro e os vendavais achéganse a Galiza con rachas que teñen os equipos de fútbol ou de balonmán. Blandiblup e burmanflax eran reminiscencias da infancia e a gorxa repite por empanadas e tortillas con aceites reciclados como hoxe o de onte e mañá, o de hoxe por aforrar por pastillas e patillas longas como ansiolíticos e no more ata que non consiga refregar os dentes con pasta de Italia que xa comentara aí atrás é unha puta con moitas botas no seu haber.

Os vasos de cristal rompen e os de prástico non non non á manipulación dicía un manco con moita gracia e que non sabía nada de vidro nin de amor nin de representacións funerarias nin ornamentais. Acaso dubidas da miña laranxa botada a rodar por un barranco? Dubidas de que consiga o seu logro sen succionarse nin aparellarse no apocalipto das criptas suxeitas a hemisferios de lúgubres intencións aloucadas e portos de desembarco de navías e berzas do campo de estrelas e xirasoles?
Non deberíamos eu/el aterrorizarnos por veciños supurosos e varloventos porque non conseguiremos nunca o advenedizo social e parcial da nosa salvación estrambótica e luar da noite que ensaia demos e anxos envoltos en luz oscilante de mandarinas e cousas lindas como as lindes desa casa que se descasa da súa vella palleira sen nin sequera abstraerse coas matemáticas que nunca se nos deron ben a eu/el.

Desfacerse dun folio é como ver debuxos de pluto e macdonals. É como lixo de compost e portavións de sábados con tintes malvas azucarados. Así que non o tentes máis porque poderías morrer non vivir no intento e voar cara campos de mapoulas e graznates con campartas e hamburguesas de bimbio e loitas de sangue. Si é así e nada máis, sen darlle máis voltas. As bolboretas teñen ás e os bolboretos non as teñen.