RESKATES
Rescatemos o fandango e as baleasE os golfiños na area pero aos golfos non
Que non perece a pena
Rescatemos sacrilexios anti-aritmética e alegría
Aos presos e presas condeados de antemán
Que non perece a pena
Rescatemos sortilexios de mentira e de verdade
Soliloquios e aos icebergs tinguidos de xirope
Que non perece a pena
Rescatemos ás boas faladurías e os libros do faiado
Ás noites de lúa chea e ata as linguas mortas
Que non perece a pena
Rescatemos a memoria proxectora do presente
Aos visóns das súas gaiolas e ás leitugas da terra
Que non perece a pena
Rescatemos á terra enteira e ao ar, aos ventos
Aos océanos, ao sol e ao espazo interestelar abofé
Que non perece a pena
Rescatemos ao merecedor da primavera, á luz
E a vida enteira, nun vaivén rescatemos á morte tamén
Que non perece a pena
Que non perece a pena e non a merece a falta de dioptrías
Para aturar ás economías que agreden e aplanan
As nosas vidas que non perece a pena de tanto desastre
Que non merece a pena seguir aturando
Esta economía para tantos nociva
Non rescatemos esta ruina de economía
Que suxeitamos cos nosos brazos aos amos
E os seus cairos afiados succionan a nosa vida.